Merino
Entre o cambio climático, a polución, e o exceso de hixiene o número de alérxicos crece ano tras ano.
Se este é o teu caso e notaches que as pezas de la pícanche, talvez te teñas que pasar ao merino.
As propiedades da la merino veñen dadas pola forma da súa fibra, máis fina que a do resto das las. As pezas realizadas con la merino conseguen:
- Manter unha temperatura corporal ideal constante.
- Grazas ás súas propiedades antibacterianas naturais, impiden que o suor se filtre no tecido e provoque malos cheiros.
- É transpirable.
- Repele a auga.
- É suave ao tacto.
- É 100% ecolóxica e biodegradable.
Neste caso ademais podemos engadir outra característica moi importante. Estas pezas de edición limitada, están realizadas nun pequeno taller nacional. Afastado da produción en masa e cun acabado artesanal.
COMENTARIOS