Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “mercar zocos online

Outra de zocos viaxeiros

María de Vilalba enviounos fotos despois de estrear os seus zocos, como sempre asinados por Elena Ferro. María moitas grazas por todo, espero poder coñecerche persoalmente cando te achegues por Compostela! Bicos

Imagen

Anuncios

A febre do zoco continúa

Na imaxe podedes ver a Valle, cos seus, unha combinación de berenxena e verde en coiro. Como sempre a felicidade de probalos  é un acto  inmediato! Bicos Valle.

Imagen


Beatriz Rapaza Ela Diz

Empezamos o luns vestindo os pés de Beatriz.

Imagen

Na imaxe podédela ver cos zocos de duas cores en coiro de Elena Ferro. Unha combinación de azul e marron cuns divertidos lazos de cadros. Un abrazo Beatriz e moitas grazas


As mesturas sempre foron boas!

Que poden ter en común unha Matemática, a Libraría  feminista  Lila de Lilith, un  bo fotógrafo e  Ela Diz ?
Déixovos unha imaxe como anticipo, pero non deixedes de pasarvos polo blog de José Paz para  descubrir o seu traballo e por suposto saber máis desa Matemática!!

Imagen


Rocío Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Rocío cos seus zocos novos, coma sempre asinados por Eferro. Rocío decantouse polos negros de pelo de pelo negro. moitas grazas e bicos!

zocos-eferro-Rocío


Mª Carmen Rapaza Ela Diz

Os zocos e as súas lembranzas…
Ter os zocos de Eferro fixeron posible que coñeza de preto as historias de familias, de recordos da infancia, de ilusións como no caso de Mª Carmen á que vedes na imaxe cos seus zocos de motas coa que puiden compartir unha infinidade de historias da vida de Galicia de fai xa uns cuantos anos. Apertas e grazas parella!

zocos-eferro-Mª Carmen