Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “mercar bolsos online santiago de compostela

María Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana  da mans de Oobuka. A firma creada polos novos deseñadores de bolsos, 100% deseño nacional.

Divertidos, orixinais e cunha combinación de materiais diferente, como o que leva María. Grazas e apertas guapa!


Eva Rapaza Ela Diz

Hai uns días tiven a sorte de coñecer a Eva, unha Pontevedresa seguidora do noso blog e  que se se achegou até a tenda. Na imaxe podédela ver cun bolso da firma Nice Things, en cor teza e con vivos en marrón. Un bolso super cómodo que eu xa non me quito de enriba, dispoñible tamén na nosa tenda online www.eladiz.com

Eva espero que todo vos vaia moi ben, grazas eapertas aos tres!


Belén Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Belén, cun deseño de Nice Things. Un bolso con estilo militar de franela en gris e con vivos en marrón. Belén moitas grazas e apertas.

Ante o exito dos bolsos deste outono inverno , nuns días ensinareivos máis.


Rachana Rapaza Ela Diz

 

Empezamos o luns coa alegría de Rachana e o seu bolso de pel de Nice Things. En tres tons co peche en pedra natural e coa asa de cadea. Grazas Rachana e apertas !