Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “Mercadillo Santiaguide

Anxos, Rapaza Ela Diz

Hoxe teño o gusto de ensinarvos a Anxos, propietaria xunto con Luis de Coco Canel e integrantes da Plataforma Santiaguide.
Na imaxe podedes vela cun vestido que adquiriu no “Mercadillo Santiaguide” que celebramos hai uns meses, en cor rosa pau e detalles en negro.


Anxos despois liberouse e na imaxe podédela ver cun vestido de Hoertonn, cunha imaxe máis urbana, moderna e a punto do ataque de nervios.

 


Bicos Anxos e grazas

 


As Gangas do Mercadillo Santiaguide

Na imaxe móstrovos a Iria, ca súa adquisición no Mercadillo Santiaguide, uns pantalóns bombachos a un prezo de risa!

Aínda estades a tempo! porque o Mercadillo Santiaguide funcionará ata mañá ás 19h, non volo perdades!


Mercadillo Santiaguide

Levamos  varios días  escoitando comentarios  sobre  a apertura  da nova  tenda de Amancio en New York, moitos metros cadrados, na 5º Avenida, no número 666,  todo moi branco, moi bonito…. pero quédanos un pouco lonxe, non?
E o Mercadillo Santiaguide, decatástesvos ?

Pois para os que vivimos neste lado do Atlántico é unha cita ineludible.  Celebrarase o 23, 24 e 25 de marzo, no  Gato Cosmico,  onde poderedes atopar unha chea de gangas de calquera das tendas que formamos Santiaguide.
Por se isto fose pouco, aqueles que veñades o domingo teredes o pracer de escoitar a Dj Fran Reixa, que animará toda a xornada.
Esperámosvos!