Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “MBFWM

Novidades Sara Coleman

Hoxe móstrovos unha pincelada da nova colección da deseñadora Galega Sara Coleman, de quen din, é unha das que pisan forte como relevo dos deseñadores nacionais de sempre.
En liño e algodón pódese destacar a caida e lixeireza das súas propostas.  Un estilo urbano deportivo con toques modernos.


Elisa, Rapaza Ela Diz


Na imaxe móstrovos un vestido da deseñadora galega Sara Coleman. En antelina troquelada con cremallera dianteira, é a peza máis polivalente da súa colección de inverno. Como vedes na imaxe Elisa lévao a modo de abrigo, un saúdo.


Ana, Rapaza Ela Diz

Aproveitando que Sara Coleman desfila hoxe en Mercedes Benz Fashion Week Madrid, móstrovos un dos seus deseños para este inverno. Unha blusa antracita na que destaca a antelina troquelada dos seus puños e parte superior. Ana grazas foi un pracer coñecerche

 


Cibeles musical

David Delfin como sempre o mellor!


Anxos, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos un dos deseños da diseñadora galega Sara Coleman. Un vestido de antelina troquelado con cremallera dianteira. Grazas Anxos.