Eva Rapaza Ela Diz
Os deseños de Lindo Ron seguen causando sensación en Compostela.
Na imaxe podedes ver a Eva, á quen moitos de vós coñeceredes, xa que é a propietaria de Matrioska, tamén na zona vella, cun dos colgantes.
Eva grazas polas sesións de fotos. Este nadal vou ter que pedir unha camara nova. Bicos guapa!
II Outono Rock Festival
Estamos de noraboae dentro de moi pouco celébrase en Compostela o II Outono Rock Festival
Un ciclo de tres concertos previstos para o 29 de setembro e o 20 e 27 de outubro na Sala Capitol.
Esta edición acollerá as actuacións dalgúns dos grupos máis punteiros da «música negra» como Jeff Hershey & the Heartbeats, Bill Kirshen ou Lala Brooks entre outros.
Co patrocinio de «grandes» , o Festival conta ademais coa colaboración dun centenar de establecementos de Santiago, entre os que nos atopamos para a iniciativa Rock?nporte. Consumindo ou comprando en calquera deles, pódese conseguir unha entrada gratuíta e descontos do 15 % na Reixa Tenda, Matrioska Tenda, Atomic Tenda, No Te CortesPeluquería e Ela Diz Tenda.
COMENTARIOS