Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “María Roch Santiago de Compostela

María Roch x 3

De novo en Compostela vestidos con transparencia de María Roch.

Podes escoller entre a sobriedade do negro, a delicadeza do verde améndoa, ou o coral máis atrevido.

vestidos-maría roch1

De seguido acompañados por pezas de Nelumbo, Iomiss e Latonta y Larubia

vestidos-maría roch & collares


Sorpresa nas costas

Xa vola mostramos en negro e hoxe a quenda é para a camiseta azul. Deseño de María Roch da súa colección gotas ambiguas.

Imagen

Imagen


Unha aposta vencedora

O branco e o negro sempre son unha aposta segura. Se ademais de combinar estas cores o fas con pezas de dous novos talentos, o resultado e o siguente.

Imagen

Na imaxe camisa de seda con transparencias en brazos e escote de María Roch con pantalón estampado de Mónica Cordera, encántanos!


Déu n’hi do!

Na imaxe podedes ver a Rita con blazer de la e pedrería de María Roch,  e para darlle un pouco de cor, echarpe de Cabanas. Deseño 100% Catalán.
Grazas e apertas aos dous 🙂

Imagen


A moda non coñece de fronteiras

A camisa de seda negra con detalles de transparencia no peito e nas mangas non coñece fronteiras. Gusta ás de aquí e ás de fóra.

Imagen

Tiven a sorte de recibir a visita de Karam e Lina, dúas irmás Palestinas, coas que compartín varios días, charlas, teléfonos, emails e moi bo rolo.
Un bico ás dúas, espero vervos pronto, a poder ser pola vosa terra.

Imagen

Karam con camisa de María Roch


María Roch

Hoxe estreamos o traballo de María Roch, Barcelona 1985.

Imagen

Tras realizar os seus estudos de moda en Barcelona e Inglaterra María tivo unha interesante traxectoria profesional.

Imagen

Galardoada en diferentes ocasións, recibiu o  Premio ao Mellor Concepto e o  Premio á mellor Colección entre outros.

Imagen
Antes da creación da súa propia firma  en 2010, María, realizou un stage no taller de Antonio Miro.

Imagen

Unha colección que mistura tecidos como a la ou a seda, cun obxectivo moi claro. Crear moda que perdure no tempo afastándose da fast-fashion.

Imagen