Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “manitas de plata

Vós sodes os importantes!

Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!

Feliz 2013


Escaparate Ela Diz

Amósovos as novas do noso escaparate

Detalle dos bolsos de Nice Things, a esquerda bolso maletín en cor azul e a dereita bolso carteira gris con vivos en marrón  e para os pes zapatos de vértixe de Elena Ferro.

A continuación detalle do vestido manga farol e cinto en coiro de Elisa Cortés con boina de Céline Robert e colgante de Manitas de plata, e mono bicolor de Amaia Zabala