Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “manitas de plata santiago de compostela

Novidades Manitas de Plata

Ante o exito do traballo de Manitas de Prata, hoxe móstrovos de novo, as pezas recén chegada ata Ela Diz.


Bonitas ilustracións feitas xoias que asinan Carmen e Mariña baixo o nome de Manitas de Prata.

Colgantes e pendentes con ilustracións únicas que combinan a cerámica, a pasta de papel e que acaban cun baño de ouro.


Rosa, Rapaza Ela Diz

As ilustracións feitas xoias de Manitas de Plata, seguen encantando a todo o mundo.

Nesta ocasión Rosa decidiuse polo colgante de prata con ilustración mariñeira.
Rosa apertas e grazas !


Mª Mar, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos os complementos de Manitas de Prata. A  Mª  Mar encantáronlle estes pendentes con baño de ouro e ilustración dunha moza con gorro vermello.

Na siguente imaxe cos pendentes e o colgante de Manitas de Prata, con ilustracións únicas para cada peza.

Un pracer coñecervos rapazas, un saúdo e moitas grazas.


As ilustracións feitas xoias

Hoxe amósovos as últimas novidades de Manitas de Prata.

O traballo de 2 irmás baseadas nas ilustracións persoais de personaxes imaxinarios, contos, e en definitiva unha inspiración baseada nas cousas sinxelas e marabillosas da vida real e non tan real.


Broches, colgantes e pendentes que namoran a primeira vista.

Desta volta póderedes atopar pendentes combinados con baño de ouro.

Bonitos broches para cada tipo de muller.

Tedes a posibilidade de escoller broches con cadea de prata o con baño de ouro

Sempre ca firma ou selo das deseñadoras Manitas de Plata.