Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “malahierba santiago de compostela

Rapazas Ela Diz

Imagen

Eleanor e Jeanette visitáronnos hai uns días e na imaxe podédelas ver con camiseta de Dear Tee e vestido de Malahierba Atelier. Dous estilos e dous prezos xa que combinan o recen chegado coas rebaixas.


Nazife Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Nazide cun deseño moi especial dos Cataláns Malahierba. Unha alternativa interesante  para saír esta noite calorosa.

Imagen


Sorrisos e moita sorte

Empezamos o mes de xuño desexando sorte a todo o mundo.

Imagen

A nosa idea orixinal era facer un vídeo do noso escaparate para que puidésedes ver á os nosos gatos en movemento. Tras varios intentos errados, terémonos que conformar coas fotos.

Imagen

Aos pes do mais grande o traballo de Ana Miguens.Imagen

Mono e chaqueta de Nice Things con colar de Paseloqpase e mochila reciclada de Anuscas Family.

Imagen

Vestido Malahierba Atelier combinado con foulard das Redeiras de Corme, pendentes Iomiss e gorro para cando saia o sol.

Imagen

E na estantería os zocos de Eferro.

 


Annica Rapaza Ela Diz

Hai uns días tiven o gusto de coñecer a Annica,  unha moza Alemá de Erasmus en Santiago e gran coñecedora de cada recuncho,monumento e historía de Galicia.
Desde un principio Annica namorouse de todos os deseños de Malahierba.

Imagen

Así que aproveitando a visita dos seus pais optou polo azul para ela e o bicolor para a súa irmá.

Imagen
Un saúdo familia 🙂


Escaparate Ela Diz

Agora que a noite chega pronto

amósovos as novas propostas do escaparate de Ela Diz.


Vestido con print  en tons terra de Nice Things con parka verde de Laga  e vestido con detalle invernal de Malahierba con chaquetón de tricot malva de Nerea Lurgain.

Aos pés os zocos de Eferro e bolsos de Oobuka e Nice Things.

 


Deseñadores emerxentes: Malahierba

Preséntovos o traballo de Malahierba .Marijo deseñadora e Jesús ilustrador son os mozos que se atopan detrás desta firma  Catalá que deseña e fabrica integramente en Barcelona.


Cunha colección actual de certa inspiración retro e cun gusto especial polas ilustracións propias.


Segundo eles, as súas pezas están pensadas para estar ideal despois dunha longa xornada laboral e poder saír a tomar unha copa de viño.

E por que este nome? como eles mesmos din: as malas herbas son as que sempre sobreviven, e leste é o noso obxectivo dentro do mundo da moda.

¿Que vos parece?