Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “madrid

Metro

Bonita foto polo centro de Madrid.

vestido-nathalie vleeschouwer-Metro Madrid


Mercado de antigüidades

Pasear polos mercados como o Rastro en Madrid ou o de Ladra en Lisboa é un os plans que podería facer semanalmente.

E foi precisamente lembrando eses días de busqueda de tesouros cando atopei esta outra xoia. Cun estampado que parece saír do tapiz dun aticuario.

Unha combinación de cores apagadas con toques metálicos que lembran de novo as xoias tipo vintage que atoparemos en calquera mercado de antigüidades.
Deseño exclusivo de Nathalie Vleeschouwer que poderedes atopar coma sempre no 24 da Rúa Nova de Compostela.

vestido-nathalie-vleeschouwer-nenufar

 

 


Mázcara

Descubride nun minuto e dez segundos o motivo polo que nos gusta tanto o proxecto final de carreira de Carla. Unha Compostelá entre Madrid, Valencia e Compostela. A nós encantounos por moitos motivos


#Moda #Ilustración #Artesanía

Ainda que Toñi vive lonxe, visítanos sempre que pasa por Galiza.
E coma sempre, prestouse a deixar unha testemuña gráfico da súa estancia en Compostela.

Nesta ocasión máis guapa e  explosiva ca nunca, cunha mestura moi persoal.

vestido-Azabal&kimono-miclo&As Marías-Ana Miguéns-Toñi

Vestido AZabala, kimono Mi Clo e broche Ana Miguéns.


Eles tamén marcharon

Cada día son máis as persoas que  teñen que marchar de Galicia en busca dun traballo. De feito moit@s de vós pasastes por aquí a despedirvos. Así que o de hoxe vai para todos vós!
Image

Checho fardará de zocos por Madrid. Porque non se pode ser mais elegante!

Image
Angela lucirá os seus peliqueiros en Copenhague.

Image

Angela, espera a foto do colar das Marías xunto á famosa sirenita 🙂

Image

E para rematar Antía lucirá por Kiel a súa camisa inspirada en Asturias.
Image

Antía, espero facerche soneir. Quero que saibas, que me encantou a túa historia sobre a morriña.

Image

Bicos  para tod@s, vémonos axiña.