Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “mado et les autres

Hitsuko Rapaza Ela Diz

 Ainda que temos unha chea de novidades, case a diario, tamén temos un pequeno espazo para o Outlet. Con oportunidades que moitas souberon aproveitar, como no caso de Itsuko.Na imaxe podedes vela guapísima cun vestido de Mado et lles Autres. Domo arigato gozaimasu!

Imagen


María Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a María cun vestido dos franceses Mado et les autres coa parte superior gris e detalle de encaixes e a parte inferior con print floral.
María moitas grazas, apertas para ti e as amigas en común! Bicos.

vestido-mado et les autres-María


Vós sodes os importantes!

Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!

Feliz 2013


Ana Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Ana cunha das nosas pezas preferidas. Trátase da colección de camisas de Mi Clo e que neste caso combina con pantalóns cor chocolate de Mado et lles Autres. Ana un bico e grazas

camisa-mi clo-ana


Escaparate Ela Diz

Novas propostas desde a nosa xanela para este Nadal.

escaparate-ela diz-dec4

Vestido con botóns nas costas con abrigo de lá  todo de Nice Things.

escaparate-ela diz-dec5

Zocos bicolor de Eferro acompañados de pendentes Vodevil e colgante Lindoron.escaparate-ela diz-dec6

Vestido e chaqueta de Mado et les autres e foular e maletín de Nice Things.

escaparate-ela diz-dec7

 


Escaparate Ela Diz

A nosa proposta semanal para este fin de novembro…corto o longo, esta semana dámoslle os vestidos.

Vestido longo da deseñadora Portuguesa Pé de Chumbo, un vestido para una cita especial.

De negro e longo vestido da deseñadora Nerea Lurgain, con blazer de Scaline, boina de Céline Robert, fulard Oriol e colar de Lindo Ron

En verdes, bolso Oobuka e Nice Things, e zocos de Elena Ferro.

En tons tostados, vestido de Mado et les Autres, con chaquetón de Nice Things e para andar quentiña fular de topos e boina de Céline Robert.


Placeres Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana con Praceres que como observariades  na imaxe superior leva un vestido con certo aire «cubista» en tons grises e azuis, manga francesa e escote barco de Mado et les autres.
Grazas Praceres e apertas!


Novidades no escaparate Ela Diz

Hoxe empezamos o díamostrándovos as novas propostas do noso escaparate.


Un pouco de todo, para as que lles gustan os vestidos e para as que non se separan dos seus pantalóns.


Detalle vestido de Aguamarina Paris con chaqueta Mado et les autres e boina de Céline Robert.


O último en chegar a Ela Diz, camisa con ilustración de maniquies de Mi Clo, da que vos falarei a próxima semana.


Aos pés bolso de Oobuka, maletín de fin de semana Nice Things e zocos de Elena Ferro.

E para rematar, móstrovos a porta de Ela Diz co anuncio do próximo concerto do Crooner Tony Lomba que terá lugar a próxima semana no garito de moda de Compostela, o  Kunsthall. e que seguro que é todo un éxito!


Luzzety Rapaza Ela Diz

Na imaxe preséntovos a Luzzety, cunha orixinal chaqueta de raias en tons lilas de Mado et les autres. Luzzety e a súa amiga viñeron a Compostela a gozar duns días de descanso no estupendo Hotel Quinta da Auga. Despois de disfrutar das súas instalacións e  do Spa, achegáronse ata a Zona Vella para pasear e ir de compras!

Grazas as dúas e apertas!


Isabel Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior podeis ver a Isabel cunha proposta da firma Francesa Mado et les Autres.

Un vestido e camiseta cheo de superposiciones e contrastes. Vestido de topos lila con chaleco superposto en gris, cun engurrado que deixa ver a unha baixo saia con print de frores.
Isabel moitas grazas e apertas para todos!


Asunción Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior  podedes ver un vestido da firma Mado et les autres.  De manga curta cun gran pescozo. Asunción moitas grazas, un pracer charlar contigo vémonos en calquera das «Hondarribis».