Vós sodes os importantes!
Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!
Teresa, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Teresa cun vestido das deseñadoras Luna Moreno. Unha combinación de negro e gris roto por pequenos detalles en branco. Grazas Teresa e apertas para ti, Raquel e mais para Pepa!
Maite, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Maite cun vestido das deseñadoras Luna Moreno, en ton rosa, cun escote que simula a superposición de vestido e camisa e con goma na cadeira.
Moitas grazas Maite
Novas no Escaparate Ela Diz
Esta semana presentámosvos dúas alternativas moi diferentes, pero cun nexo común, ambas son propostas de novas deseñadores.
Por unha banda en en ton gris, negro e branco vestido das Catalás Luna Moreno e por outro en tons amarelos con estampado de bolboretas e cinto rosa das Vascas Ambrosía Pitigüil. E todo aderezado por pequenos complementos.
Escaparate Ela Diz
Móstrovos as novas propostas do escaparate Ela Diz.
Por un lado diferentes alternativas á hora de vestir, e por outros pequenos detalles para decorar ese recuncho preferido.
En tons azuis, vestido estampado e parka de Nice Things, en area, negro e branco saia e camisa de Luna Moreno, e en coral vestido asimétrico de Sara Coleman.
Thaïs, Rapaza Ela Diz
Móstrovos dúas opcións das deseñadoras catalás Luna Moreno. Á esquerda con minisaia e cazadora de manga curta de cor negra combinado con pata de galo e na imaxe da dereita con un vestido negro e gris cun dos laterais axustado na cadeira. Moitas grazas Thaïs e sorte para o 2 de marzo!
Isabel, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Isabel con unha saia das diseñadoras Luna Moreno. En cor negro con tablas en unha das cadeiras e cinto cor crema. Apertas Isabel !
COMENTARIOS