Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “luna moreno santiago de compostela

Lucia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior  podedes ver a  Lucia cun  deseño das deseñadoras Catalás Luna Moreno. Unha camiseta negra  con táboas en cor laranxa na parte dianteira e detalle en branco no pescozo. Grazas Lucia, foi un pracer charlar convosco.


Laura, Rapaza Ela Diz

A continuación podedes ver a Laura cun vestido das deseñadoras Catalás Luna Moreno. En cor area con detalles champagne nos ombreiros e na parte posterior, destaca o seu bonito escote drapeado. Laura, moitas grazas por todo guapa e apertas !


Rosa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Rosa, cunha camiseta das deseñadoras catalás Luna Moreno.Cunhas táboas laranxas que contrarrestan o negro das costas e detalle branco no escote.

Rosa un pracer coñecerche, grazas e apertas.


Amigas e Rapazas Ela Diz

Hoxe toca foto de grupo, cun grupo de amigas chegadas dende Lleida e coas que compartín unha mañá moi divertida.

Carmen con camiseta crema e detalle de pétalos no peito

Mercé con pantalóns campana en punto de seda.

Montserrat leva vestido cun estampado froreado.

Tonyi cun blazer de aspecto retro en gris e con liñas azuis.

Carmen cunha camiseta negra con detalle de  tablas en laranxa e colo en branco.

E para acabar,  despedímonos cunha foto de grupo.

Un plaure conèixer-vos noies, moltes gràcies per aquest matí tan divertit.


Carmen, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Carmen cun vestido das deseñadoras Catalás Luna Moreno.

En cor area con contrastes en champagne e escote drapeado. Un vestido para lucir cando se está morena como no caso de Carmen que aproveitou as súas vacacións en Galicia para voltar a súa terra así de bronceada. Grazas Carmen e un apertas para todos.


Rosa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Rosa, cun vestido das deseñadoras Catalás, Luna Moreno.

 

Unha combinación de area e champagne, con escote morcego.

Un xogo de contrastes, como é habitual nelas, volume contraposto a zonas cinguidas. Rosa moitas grazas e un saúdo.


Mª Jesús, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Mª Jesús con  un vestido rosa pau con goma na cintura, pliegues na parte do escote e estampado na parte traseira das deseñadoras Catalás Luna Moreno. Grazas Mª Jesús, encantada e apertas!