Pilar Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Pilar cun vestido de topos en cor berenxena asinado pola firma vasca Laga. Con corte baixo o peito, manga francesa e un bonito escote camisero. Apertas Pilar.
Vós sodes os importantes!
Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!
Novas propostas desde o escaparate
A piques de rematar o mes de Decembro, amósovos as últimas propostas do noso escaparate, quizais atopedes inspiración para algún agasallo…
Vestido e chaqueta de Laga, bolso Nice Things.
Camisa de Scaline, pantalóns de Mónica Lavandera, chaqueta e foulard de Nice Things.
Pendentes Iomiss e colgante Lindo Ron.
E pos suposto zocos de Eferro.
Amaia Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos un dos bolsos máis coquetos e con mais exito da tenda.
Amaia, unha moza de Durango que nos visitou recentemente, namorouse do bolso-cluch da firma vasca Laga, como vedes na imaxe.
A continuación detalle do bolso tamén dispoñible na nosa tenda online eladiz.com
Eskerrik asko Amaia eta ondo ibili!
Escaparate Ela Diz
Amósovos outra proposta do noso escaparate, esta vez de máis abrigo para a derradeira semana do mes de outubro.
Á dereita da imaxe, vestido Laga con bufanda Oriol e abrigo de lá de Nice Things. Á esquerda pantalóns campana con top e chaqueta de Aguamarina Paris e gorra de Céline Robert.
Vestido Pé de Chumbo
Bolso Oobuka en cor mostaza, zocos Elena Ferro e bolso ante de Laga.
Detalle do vestido de Pé de Chumbo e colar de Lindoron.
As Gangas do Mercadillo Santiaguide
Na imaxe móstrovos a Iria, ca súa adquisición no Mercadillo Santiaguide, uns pantalóns bombachos a un prezo de risa!
Aínda estades a tempo! porque o Mercadillo Santiaguide funcionará ata mañá ás 19h, non volo perdades!
Vivian, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos o último bolso da tempada de inverno. En cor cereixa e de tamaño medio ideal para aquelas que saben levar o xusto nos seus bolsos. Grazas Vivian e sorte para o 2 de marzo.
Eulalia, Rapaza Ela Diz
Na foto móstrovos un dos últimos bolsos da tempada de inverno. Con posibilidade de levalo na man ou en bandoleira e cun tamaño medio para as que necesitan espazo nos seus bolsos. Eulalia espero que todo vaia ben por Barbanza, un saúdo e grazas !
Inés, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos o último trench de Laga que marchou ata Mallorca. Desexo que fose grata a vosa estancia en Compostela. Grazas Inés, foi un pracer charlar convosco.
Beatriz, Rapaza Ela Diz
Móstrovos o trench da firma Laga. Cun estampado orixinal marca da casa, combina perfectamente o verde co marrón e co beige. Estupendo para alegrar os días chuviosos. Grazas Beatriz.
COMENTARIOS