Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Lady Desidia

Love is in the air

Alá por 1977 John Paul Young vía e cantaba ao Amor por todos os sitios.
No 2015 iluminamos co mesmo amor os vosos fogares con estas lámpadas artesanais e ilustradas. Neste caso lembrando o famoso título da canción «Love is in the air»

lámpar-lady desidia & el lucernario-ana


Espíritu Do Nadal

Andamos un pouco escasos dese famoso Espírito Do Nadal, pero encántanos o resultado do noso escaparate.

escaparate-ela diz-nadal

E é que Ana Jiménez Izquierdo, máis coñecida polo seu traballo de reciclaxe como Anuscas Family, cedeunos unha das súas pezas.

escaparate-ela diz-nadal1

Garabatas recicladas para desexarvos felices festas!

escaparate-ela diz-nadal2


Maxia a través da luz.

Formados en Belas Artes con experiencia na escultura, o gravado e o debuxo engadiron a estes coñecementos o de carpintaría para poder crear estas preciosas lámpadas.

lámparas-lady desidia by el lucernario
Se queredes ver máis podedes achegarvos á tenda e atopalas repartidas por Ela Diz. E apuntamento para os cinéfilos. *Se as emocións vos deixan, poderédelas ver tamén en Truman. A película de  Cesc Gay, con Ricardo Darín e Javier Cámara.*

lámparas-lady desidia by el lucernario-det1

Lámpadas artesanais de El Lucernario. Na imaxe, con ilustracións de Lady Desidia. Caixas de luz de baixo consumo. Agasalla artesanía e deseño. Agasalla decoración.


Ideas para as Rebaixas

O martes día 15 Ela Diz permanecerá pechada. Temos visita dende Euskal Herria e ímonos de paseo todo o día!  Mentres novas ideas desde o noso escaparate, agora cun 40% de desconto.

escaparate-eladiz-xaneiro

escaparate-eladiz-xaneiro1

escaparate-eladiz-xaneiro2


Vós sodes os importantes!

Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!

Feliz 2013


Novas no Escaparate Ela Diz

Esta semana presentámosvos dúas alternativas moi diferentes, pero cun nexo  común, ambas son propostas de novas deseñadores.

Por unha banda en en ton gris, negro e branco vestido das Catalás Luna Moreno e por outro en tons amarelos con estampado de bolboretas e cinto rosa das Vascas Ambrosía Pitigüil. E todo aderezado por pequenos complementos.


Pedro, 1º Rapaz Ela Diz

Fainos moita ilusión presentarvos a Pedro, que é o primer Rapaz que se anima a saír na nosa sección «Rapaz@s Ela Diz.» Na imaxe cunha preciosa ilustración de Lady Desidia. Un pracer coñecervos a ambos, grazas e mantereivos informados.