Cineeuropa
Cineeuropa
O mes de novembro en Compostela, sempre vai asociado a Cineeuropa. Este ano celebran a súa 27º edición e nós un escaparate para celebralo xunto a eles.
Quero agradecer aos traballadores do Teatro Principal, por darnos tantas facilidades.
A Paula Sande, por axudarnos como sempre, grazas chuli:-)
Araceli Gonda e Jorge Coira, por cedernos as claquetas, cintas de negativos… e mesmo un Mestre Mateo!
Araceli Rapaza Ela Diz & Cía.
Este verán recibín a visita de Araceli Gonda que estaba a buscar un vestido para acudir aos Premios Mestre Mateo, xa que estaba nomeada xunto cun amplo equipo multidisciplinar á candidatura a Mellor Obra Interactiva con «Area fai seis«.
Tras recibir o Premio e transcorridos uns meses, na imaxe podedes ver a Araceli moi ben rodeada e cun vestido da deseñadora AZabala.
De esquera a dereita: Antonio Mourelos Presidente da Academia, David Martínez productor, Araceli Gonda gañadora do Mestre Mateo, Luis Tosar actor e Jorge Coira Director de cine.
Grazas Ara por lembrarte, bicos!
COMENTARIOS