Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “ioanna kourbela primavera verano 2015

VIPS

Ela Diz foi un soño,  hoxe tras catro anos e pico unha realidade.
A pesar de que ser autónoma neste país é difícil, a apesar de levar preocupacións para  casa, merece a pena!

E o é  por moitos motivos. Pero hai un que sobresae por enrriba dos demais. Coñecer a persoas moi, moi especiais.
A  lista non é moi longa pero Mariana, por moitos motivos, formas parte da dos meus VIPS. Bicos fortes.

chaqueta-ioanna kourbela-mariana1

chaqueta-ioanna kourbela-mariana chaqueta-ioanna kourbela-mariana2

Chaqueta de Ionna kourbela


Grecia está de moda.

Hai moito tempo que Grecia non estaba tan presente nos medios.
Nós non imos falar nin de Tsipras, nin de Syriza, nin das presións que está a exercer Europa sobre eles. Pero tal e como están as cousas aquí e alí, desde logo é para darlle voltas ao coco.
Pero ademais de política, paro, recortes, e unha infinidade de problemas en Grecia, como aquí, tamén hai moda e da boa.
Realizada con tecidos naturais orgánicos como liño, algodón e seda, Ioanna Kourbela crea enxeñosos patróns en punto cunha estética minimalista e sinxela.

Ioanna kourbela Ioanna kourbela1 Ioanna kourbela2 Ioanna kourbela3 Ioanna kourbela4 Ioanna kourbela5

Ioanna kourbela6