Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “ilustracións galegas

Se perdemos a fala non seremos ninguén!

 

12742782_527991377405872_7219061925345571142_n

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco mái feble,

o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,

o coitelo da dor,

o murmurio do vento,

a palabra de amor.

O idioma é o tempo,

é a voz dos avós

e ese breve ronsel

que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,

patrimonio do pobo,

maxicamente vello,

eternamente novo.

O idioma é a patria,

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

O idioma e a forza

que nos xungue e sostén,

Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

O idioma é o amor

o latexo, a verdade,

a fonte da que agroma

a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer.

Precisamos a lingua

se queremos vencer!

Manuel María

Ilustración Boh


Ilustres colegas!

Xa están con nos! En formato postal as ilustracións de Isa Albela xa forman parte de Ela Diz.

ilustracións-Boh-Ela Diz

E poderán formar parte de calquera dos vosos fogares 🙂

Valle-Incán-Boh As Dúas Marías-Boh Castelao-Boh Rosalía de Castro-Boh