Moito máis que moda.
Afasta o chandal e as mallas.
A moda é unha expresión do que sentimos, pero tamén do que queremos sentir.🔝🔝🔝🔝🔝
Ilustres colegas!
Xa están con nos! En formato postal as ilustracións de Isa Albela xa forman parte de Ela Diz.
E poderán formar parte de calquera dos vosos fogares 🙂
Caixa de mistos
Moitos de vós xa sabedes que a pesar de escribir en galego, o galego non é a miña lingua materna. E grazas á ilustradura Ingela P. Arrehnius aprendín unha palabra nova que me encantou: MISTOS
Así que con nova palabra e novas propostas da Sueca Ingela. Hoxe caixa de mistos con diferentes ilustracións.
Podes escoller a túa caixa ou levar o pack de 8 caixas como vedes mais abaixo. Tamén na tenda online aqui.
Un agasallo para coleccionistas, para cando marcha a luz ou para decorar.
Fotos da inauguración
Situando aínda moitas cousiñas tras a reapertura na Rúa Nova, por fin podemos mostrarvos algunha foto da inauguración.
Desde aquí quero agradecer a tod@s os que viñestedes á inauguración, aos que escribistedes, chamastedes e pasastedes por eiquí o longo destes días…
Grazas polas vosas verbas!
Unha mención especial para todos os que vos tocou traballar Beatriz, Cristina, Ana, Maite, Paula, Andrea, Eli, Luchi, Luz, Elena, Beatriz, Hector, Txema, Félix, Alvaro, Paolo, Félix, Serxio, Gorka,Ramón. Un millón de bicos!
Mi Clo en Ela Diz
Hoxe preséntovos a Mi Clo, firma de deseño especializada en ilustración aplicada en diferentes soportes tras a que se atopa Camino López.
Outra emprendedora que tras formarse en arquitectura de interiores e deseño gráfico, decidiu dar o salto e crear a súa primeira colección HUTGESCHÄFT, A Sombrerería, inspirada na Viena de 1919.
Blusas con patróns sinxelos e deseño de estampados únicos.
Integramente estampadas e confeccionadas en España.
Dificil elección a de escoller a miña preferida, ti que pensas?
COMENTARIOS