Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “idoia cuesta santiago de compostela

Deseño Artesanal

Se xuntas o traballo artesanal, cunha boa idea e con deseño seguro que obtés un resultado estupendo. Iso mesmo ocórrelle a Idoia Cuesta. Que con ese tres compoñentes logra un obxecto de decoración para o fogar ou un bolso dependendo das túas necesidades.

cesto-idoia cuesta


Facendo colegas en Compostela

Na imaxe podedes ver a Zaloa e Patricia. Dúas rapazas casi veciñas. Unha de Bilbo e outra de Santander pero con moito en común. Entre elea a Artesanía Galega.

cestos-idoia cuesta-Zaloa y Patricia

Namoradas en principio dos zocos de Eferro, non dubidaron ante os cestos de lá de Idoia Cuesta. Bicos rapazas!!


Artesanía versus Artesanía

Estes amigos tiveron claro desde o principio que a eles o que máis lles interesaba era a Moda e a Artesanía feita en Galicia. Finalmente decidíronse por un bolso das Redeiras de Corme e un cesto de la de Idoia Cuesta. Boa elección 🙂

Imagen


Cestería feita moda

Fai tempo que tiñamos en mente ensinarvos o traballo de Idoia Cuesta. Esta Guipuscoana afincada en Lugo que triunfa coa súa cestaría. Biologa de formación, chegou á cestaría a través da investigación dos tecidos, fai xa máis dunha decada.

Imagen
A Artesanía de Idoia, nace da tradición , pero experimentando  con materiais  e  volumes para deseñar e crear novas liñas e produtos.

Unha das virtudes de Idoia, é a colaboración en multiples proxectos, así a podemos atopar facilmente como docente de escolas de deseño, como colaboradora con deseñadores de moda ou en proxectos de decoración entre outras cousas.

Imagen
Se vos gustou o seu traballo, propóñovos achegarvos á tenda e ver persoalmente a serie de cestos de la que temos.

Imagen

Para rematar deixovos a Idoia de visita por Ela Diz. Zorionak Idoia eta mil esker!

Imagen