Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Galicia crafts

2º parte

De novo aproveitamos os encantos da Rúa Nova. Desta volta  con dúas amigas que nos permiten ensinarvos o traballo de diferentes deseñadores.

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera3

Con Salomé ao fondo, vestido e mono de AZabala, chaqueta de Mónica Lavandera. Nos pés cuñas de Eferro e sandalias de Miista

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera1

mono & vestido-azabala-chaqueta-mónica lavandera 2


Misturas en tres cores

Polo norte xa sabedes: uns días con sandalias e outros con zocos, pero sempre Eferro´s

zocos-eferro-cuña

sandalias-eferro


Pequeniñas pero xeitosas

As caixas ilustradas de Cavalinho do Demo son perfectas para gardar grandes tesouros.

caixa-cavalinho do demo-lou


Música e Artesanía

Hai unhas semanas recibimos un encargo moi especial. Decorar as gaitas de Miguel e Toñito.
Dous mozos, que a pesar de non adicarse profesionalmente á música teñen moi claro a importancia da conservación do Patrimonio Cultural da súa Terra.
E ninguén mellor que Ana Miguéns, para facer realidade estas pezas artesanais.

gaita e peliqueiro2 gaita e peliqueiro gaita e peliqueiro1


Unha Deco-Idea

A Artesanía Galega cada día está máis valorada dentro e fóra das nosas fronteiras.
Hoxe tentámosvos con artesanía. Con artesanía pensada para o fogar. Con cestaría de Idoia Cuesta.

idoia cuesta- ela diz

 

idoia cuesta-ela diz 1


#Inspiración outoñal

Hoxe misturamos  un dos bolsos de Montse Rego, a artista multidisciplinar viveirense, xunto a uns zapatos oxford co seu  correspondente paraugas.

bodegón


Paxarelas

O deseñador Galego Franco Quintáns, recentemente galardoado co Dedal de Ouro 2014, polos seus mais de 20 anos como deseñador de noiva, sorpréndenos con outra liña moito máis casual.
Mr. FQ, unha colección de paxarelas para eles e outra para nós.
Con grandes elos, poderás levar a túa paxarela axustada ao pescozo ou mais longa, como se fora un colar.

pajarita-MrFQ

pajarita-Mr FQ


Xoias da Costa da Morte

A Costa da Morte, é tal vez unha das zonas que mais impresionan de Galicia. Unha xoia da natureza. ¿Pero,  que me dicides das xoias que fan por aquelas terras?
Colar tecido polas  nosas queridas Redeiras de Corme.

colar-redieras


A sabedoría dos anos

O bo de cumprir anos, é que tes claro o que necesitas. ¡Anne Marie seguro que hoxe non se molla!

impermeable-noa noa-Annemarie

Na imaxe impermeable de Noa Noa e para engadir un pouco de cor,  foulard de María Feijoo


Facendo colegas en Compostela

Na imaxe podedes ver a Zaloa e Patricia. Dúas rapazas casi veciñas. Unha de Bilbo e outra de Santander pero con moito en común. Entre elea a Artesanía Galega.

cestos-idoia cuesta-Zaloa y Patricia

Namoradas en principio dos zocos de Eferro, non dubidaron ante os cestos de lá de Idoia Cuesta. Bicos rapazas!!


Investindo en Galicia

Agora que estamos en plena campaña electoral eu propóñovos apostar polos produtos feitos en Galicia.
Na imaxe un colar das Redeiras de Corme.

Imagen


#Nadalamos

Queres sorprender e ser orixinal?

Regala zocos. Un produto feito a man, co agarimo e bo facer da familia FerroImage

Image

Image

Image

Image