Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Galice artisanat

Misturas en tres cores

Polo norte xa sabedes: uns días con sandalias e outros con zocos, pero sempre Eferro´s

zocos-eferro-cuña

sandalias-eferro


#Inspiración outoñal

Hoxe misturamos  un dos bolsos de Montse Rego, a artista multidisciplinar viveirense, xunto a uns zapatos oxford co seu  correspondente paraugas.

bodegón


Paxarelas

O deseñador Galego Franco Quintáns, recentemente galardoado co Dedal de Ouro 2014, polos seus mais de 20 anos como deseñador de noiva, sorpréndenos con outra liña moito máis casual.
Mr. FQ, unha colección de paxarelas para eles e outra para nós.
Con grandes elos, poderás levar a túa paxarela axustada ao pescozo ou mais longa, como se fora un colar.

pajarita-MrFQ

pajarita-Mr FQ


Hoxe falamos de «pelos»

Pelos nos pes e pelos no bolso.

Desde agora mesmo e durante o próximo outono inverno poderás levar teus Eferro de pelo con este bolso tamén de pelo de Nice Things. Topos, verde, negro e moito pelo.

avance temporada nice things& Eferro

 

 


Con mensaxe

Para eles e para elas. O Deseño Galego gusta a tod@s. Tamén na tenda online aquí.

tote-Boh-rapaz Ela Diz


Investindo en Galicia

Agora que estamos en plena campaña electoral eu propóñovos apostar polos produtos feitos en Galicia.
Na imaxe un colar das Redeiras de Corme.

Imagen


Madeira Ilustrada

Proposta para tarde de venres, unha ilustración.

Desde Pontevedra broche de madeira ilustrado por Cavalinho do Demo.

Imagen

Imagen

 


A túa nai é unha hipster?

Mami, agora es unha hipster!!

Iso foi o que dixo o fillo de Silvia cando lle viu cos seus Eferros.

Imagen