Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “estilo santiago de compostela

Transparencias en branco e negro

O novo de AZabala xa está en Compostela. Hoxe pequena mostra da súa nova colección para esta primavera verán.

Imagen

Mesmo concepto de deseño plasmado en dúas propostas diferentes. A comodidade dos vestidos oversize e a elegancias dos monos slim.

Imagen


Eu xa teño plan!

Agora que se achega o fin de semana, as ceas de empresas, de amigos, as ceas en familia que vos parece este vestido de Mónica Cordera? Edición Limitada e feita en Galicia!

Image


Unha aposta vencedora

O branco e o negro sempre son unha aposta segura. Se ademais de combinar estas cores o fas con pezas de dous novos talentos, o resultado e o siguente.

Imagen

Na imaxe camisa de seda con transparencias en brazos e escote de María Roch con pantalón estampado de Mónica Cordera, encántanos!


Unha proposta ao Concello

Que vos parece se propomos ao Concello este sinal que marque Ás Marías como lugar de interese Monumental e Cultural?

Imagen
No caso de que non o aproben, aprovéitoa eu para anunciarvos que Ás Marías  de  Ana Miguéns están de novo en Ela Diz!

Imagen


Postal en formato foto

Rita envíanos esta foto desde Valencia. A pesar de encargar os seus zocos no verán, a calor do Mediterráneo non lle deixaron estrealos até hai uns días.
Un bico familia, grazas pola foto e seguimos en contacto!

Imagen


Eu tamén podo ser unha It Girl

Imagen

Kate Moss é unha top internacional? Pois eu tamén, dixo Juana! que vos parece a camiseta de Dear Tee?


Combatendo o frío da noite!

Estes días sufrimos uns cambios de temperatura, que para as noctámbulas son dificiles de levar. 

Lembra, non  esquezas o teu  xersei na casa. E si queres estar realmente informada, visita www.4gotas.com

Imagen

Imagen

Imagen

Na imaxe Andrea con xersei de Nice Things. Disfrutando antes da noite!


Un vestido moi didáctico

Os Galegos de Chula, sorprendéronnos cun vestido digno de calquera profesora de xeografía.

Imagen

Na imaxe Rosa con Europa ás súas costas e con Africa de fronte.Con escote palabra de honra, en seda, de edición limitada e realizado a man. Grazas Rosa,bicos 🙂

vestido-chula-rosa1