Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “escaparates

Imagen

Argallando😆


Margarita Ledo e Nación.

Hoxe entregan a Margarita Ledo o Premio #Cineuropa34. Proxectarase a continuación Nación. Un filme onde a directora e guionista relata a apertura ao mundo que supuxo para as mulleres o acceso ao emprego industrial.


Inukshuk

«Vas polo bo camino» ou «alguén estivo aquí». En calquera caso, tanto na soidade do Ártico, como na zona vella de Compostela, verémolo como un bo agoiro.


Aínda temos agosto!

Despedimos o mes de xullo, pero kembrade que aínda temos agosto para perder a cabeza #rebaixas.


Outono con nova imaxe.

A estación de outono, preséntase con moitas novidades.


Aberto tamén en Semana Santa.

Calquera día é bo para vir vernos.

escaparate-ela diz-primavera-semana santa

 


Mapoulas

Mapoulas e cousa bonita. Disfrutade do fin de semana 🙂

 


Aires Angoleños

Co remate das Santas Rebaixas tiñamos por diante idear un novo escaparate.
Desta vola contamos cas maletas bolso de George, un Angoleño afincado en Portugal.

image

Si queredes coñecer o seu traballo asomádevos anosa fiestra porque xa quedan menos.

image


Letras Galegas

Como cada maio homenaxeamos desde o noso escaparate ao Día das Letras Galegas.

letras galegas-escaparate-ela diz3

Este ano adicado ao Compostelán Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo, actor e director de teatro.

letras galegas-escaparate-ela diz2
Temos a sorte de contar co libro «Un chapeu negro e un nariz de paiaso» da nosa amiga Montse Pena Presas, recentemente publicado pola editorial Galaxia e que o noso compañeiro de rúa, o propietario de Miranda cultura para levar conseguiuno-lo axina.

letras galegas-escaparate-ela diz1

Agardo que vos guste e como dicía o Mestre Cunqueiro «Mil primaveras máis para a Lingua Galega»

letras galegas-escaparate-ela diz


Derradeiros cambios para este 2012

A piques de rematar o 2012, móstrovos os últimos cambios no noso escaparate.

escaparate-ela diz-dec13

Detalle do interior, onde poderedes atopar orixinais ideas…

escaparate-ela diz-dec16

Detalle do escaparate, con vestido de punto moi invernal dos deseñadores Malahierba, con abrigo da premiada AZabala e boina de Céline Robert.

escaparate-ela diz-dec14

Esta foto vai para Andrea Baragaño e as súas preciosas xoias acompañadas polas tazas de Zuppa entre outras cousas.

escaparate-ela diz-dec17

E para rematar vestido da deseñadora Elisa Cortes con chaqueta de Nice Things e colar-diadema de Andrea Baragaño, sin esquecer o bolso de Oobuka e os zocos inamovibles da nosa querida Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec15

E para rematar, aviso importante! Ante a avalancha de peticións destes días, acabamos de recibir novamente os colgantes de Lindo Ron, grazas Ana!


Escaparate Ela Diz

Novas propostas desde a nosa xanela para este Nadal.

escaparate-ela diz-dec4

Vestido con botóns nas costas con abrigo de lá  todo de Nice Things.

escaparate-ela diz-dec5

Zocos bicolor de Eferro acompañados de pendentes Vodevil e colgante Lindoron.escaparate-ela diz-dec6

Vestido e chaqueta de Mado et les autres e foular e maletín de Nice Things.

escaparate-ela diz-dec7

 


Escaparate Ela Diz

A nosa proposta semanal para este fin de novembro…corto o longo, esta semana dámoslle os vestidos.

Vestido longo da deseñadora Portuguesa Pé de Chumbo, un vestido para una cita especial.

De negro e longo vestido da deseñadora Nerea Lurgain, con blazer de Scaline, boina de Céline Robert, fulard Oriol e colar de Lindo Ron

En verdes, bolso Oobuka e Nice Things, e zocos de Elena Ferro.

En tons tostados, vestido de Mado et les Autres, con chaquetón de Nice Things e para andar quentiña fular de topos e boina de Céline Robert.