Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “escaparates nadal

Nadal.

Un Nadal para deixar o peso do noso corpo na Terra. E agardar a que medren raíces.

Obra orixinal de Paulina Silva realizada nunha contraxanela.


Nadal pensado para os máis pequenos.

En colaboración coa Coordenadora de Vite, este ano recollemos agasallos para as nenas e nenos máis desfavorecidos de Compostela.
Poderedes entregalos en Ela Diz ata o vindeiro 31 de decembro.
Encargarémonos da recollida, selección e envoltorio dos mesmos.
Temos especial necesidade en conseguir agasallos para os adolescentes (roupa deportiva, xogos, libros…)escaparate-nadal 2019-eladiz


Nadal 18

O máis famoso da Terra Chá.


Espíritu Do Nadal

Andamos un pouco escasos dese famoso Espírito Do Nadal, pero encántanos o resultado do noso escaparate.

escaparate-ela diz-nadal

E é que Ana Jiménez Izquierdo, máis coñecida polo seu traballo de reciclaxe como Anuscas Family, cedeunos unha das súas pezas.

escaparate-ela diz-nadal1

Garabatas recicladas para desexarvos felices festas!

escaparate-ela diz-nadal2