Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “escaparate letras galegas

Imagen

Letras Galegas 21.

«é que teño o corazón de auga derretida desbordando vasos e piscinas. «

Xela Arias.


Renovarse ou morrer

Leste é a lema que leva a cabo o meu «sogro» case a diario.
Despois de dedicar toda unha vida a rexentar un restaurante na zona vella de Compostela, chegoulle a quenda de xubilarse, de descansar e de darlle á escultura.

Imagen
Ademais do busto que lucimos con orgullo, e de colaborar connosco no escaparate das Letras Galegas 2011  adicado a Lois Pereiro , déixovos a ligazón para que vexades o seu Castelao,
Mais agora, o que toca e fardar do novo cartel by Pepe Calvelo. Bicos  artista!

Imagen


Festexando as Letras Galegas

O  escaparate das Letras Galegas renovado con diferentes propostas.

escaparate-ela diz-mayo

Detalle do vestido da Portuguesa Pé de Chumbo con colar de pel en ouro vello de Elisa Cortés. Aos pes zocos de Elena Ferro e broches de Ana Miguens.

escaparate-ela diz-mayo1

Para rematar vestido de seda de Nice Things  levita de Mónica Lavandera, colgante de Latonta y Larubia e bolso reciclado de Anuscas Family.

escaparate-ela diz-mayo2

 


Letras Galegas

Como cada maio homenaxeamos desde o noso escaparate ao Día das Letras Galegas.

letras galegas-escaparate-ela diz3

Este ano adicado ao Compostelán Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo, actor e director de teatro.

letras galegas-escaparate-ela diz2
Temos a sorte de contar co libro «Un chapeu negro e un nariz de paiaso» da nosa amiga Montse Pena Presas, recentemente publicado pola editorial Galaxia e que o noso compañeiro de rúa, o propietario de Miranda cultura para levar conseguiuno-lo axina.

letras galegas-escaparate-ela diz1

Agardo que vos guste e como dicía o Mestre Cunqueiro «Mil primaveras máis para a Lingua Galega»

letras galegas-escaparate-ela diz