Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “entroido verin

Para nós e para eles!

Aos poucos e a pesar de que Ela Diz é unha tenda para mulleres, conseguimos que eles tamén teñan un pequeno oco.
Os primeiros Rapaces Ela Diz, atrevéronse cos zocos, con algún bolso ou foulard, pero a partir de  hoxe poderán escoller tamén entre os chaveiros de Peliqueiros e Cigarróns de Ana Miguens.

Imagen

Aproveito a ocasión para mostrarvos a Ana de visita pola nosa tenda

Imagen

  E alguna peza mais da súa serie do  Entroido Galego.

Imagen

Pendentes Peliqueiros e para rematar colgante Boteiro.

Imagen


Xoias que falan de Galicia

Hoxe preséntovos o traballo de Ana Miguens, unha Galega de 31 anos nacida en Vilagarcía de Arousa.

Imagen

Desde o principio encantaronnos as súas pezas inspiradas na cultura máis ancestral de Galicia, o noso Entroido.
Imagen

Como ela mesma di “En case todas as pezas que realizo hai algo de Galicia, é parte de min, o que mellor coñezo, hainos que viaxan lonxe en busca de inspiración, eu abro a xanela…”

Imagen

“Nunca pinto soños ou pesadelos. Pinto a miña propia realidade»
«Píntome a min mesma, porque son a quen mellor coñezo»
Magdalena Carmen Frida Kahlo (1907-1954)

Imagen

Os amantes do Entroido poderan levar dun xeito ou doutro una peza asinada por Ana Miguens. Broches, pendentes, colares, alfileres….

Imagen

broche-ana miguens