Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “elisa cortés online santiago de compostela

Margarita, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Margarita cun vestido da firma francesa Mado et lles autres, que combina cun bolero marfil da firma Elisa Cortés. Margarita, é unha alegría charlar contigo, moitas grazas por todo. Apertas!


Nami, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver un dos vestidos da firma Elisa Cortés.Un estampado que ilumina o rostro. Grazas Nami pola túa simpatía, apertas.


Annika, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos o último de Elisa Cortés.

Un vestido negro con collarín de coiro en ouro vello e escote no peito e nas costas e coma sempre en punto de seda.  Grazas Annika, espero que descubrérades  Compostela.  Apertas


Amigas e Rapazas Ela Diz

Hoxe toca foto de grupo, cun grupo de amigas chegadas dende Lleida e coas que compartín unha mañá moi divertida.

Carmen con camiseta crema e detalle de pétalos no peito

Mercé con pantalóns campana en punto de seda.

Montserrat leva vestido cun estampado froreado.

Tonyi cun blazer de aspecto retro en gris e con liñas azuis.

Carmen cunha camiseta negra con detalle de  tablas en laranxa e colo en branco.

E para acabar,  despedímonos cunha foto de grupo.

Un plaure conèixer-vos noies, moltes gràcies per aquest matí tan divertit.