Hoxe falan de nós.
Grazas a Olalla Sánchez e Paco Rodríguez.
Grazas a todos os coleg@s e familia.
Sen vós sería imposible💜
Para leer o artigo»

Un xardín para o 2018
A felicidade é como o vidrio, rompe pronto. Por un 2018 cheo de paixóns satisfeitas.
Xa choveu desde o 2013!
Aínda que xa pasaron dous anos disto, mirade que fermosura de fotos. Tentar pór orde entre papeis e cartafol tamén tráeche cousas boas.
Viaxando con Ela Diz
Moitas veces pregúntanme se Ela Diz haina noutras cidades. Con alegría adoito contestar que non, que por agora non 🙂
Mentres, disfruto cando vos lembrades de min, mesmo cando estades lonxe.
Versión Galega
Hai moito tempo que queriamos ter un detalle convosco, os habituais de Ela Diz.
Pensamos nun paraugas, por iso de que en Compostela non para, pero ao final decidímonos por unha tote xa que como vos dicía a idea xurdiu alá polo mes de marzo.
Versión primaveral de Ela Diz do deseñador Antón Quintáns. Unha versión Compostelá do noso logo Euskaldun. ¿Qué vos parece ? A nos encántanos ❤
E o resultado final colgado das portas de Compostela.
O Patriarca
O patriarca dos Ferro, felicítanos o ano cos seus zocos! Mirade ben porque algún deses xa están de camiño ás vosas casas!
Maratón de debuxo
O vindeiro sábado 22 de xuño celebramos un Maratón de Debuxo!
Os traballos efectuaranse ao aire libre nas rúas Rúa Nova, Xelmirez,Tras Salomé, Entrerrúas, e Cantón do Toural, de Santiago de Compostela.
A técnica será de libre elección dous participantes, pero ou debuxo deberá de estar
relacionado con elementos dás Rúas. Buscamos atopar obras que consigan captar a esencia desta zona tan emblemática de Compostela.
Haberá dúas categorías:
- 1ª Categoría: De 14 anos en diante
- 2ª Categoría: Ata os 14 anos (deberán estar acompañados dun adulto)
Poderán participar no Concurso cantas persoas o desexen, sen limitación algunha.
Para participar poderán inscribirse previamente indicando nome, apelidos, idade, teléfono e correo electrónico, no seguinte enderezo electrónico ruanovacompostela@gmail.com, ou directamente o día 22 de xuño a partires das 10:00 hs no número 38 da Rúa Nova.
Para mais info visitade a nosa páxina do facebook Rúa Nova Compostela e para leer as bases e os Premios na seguinte ligazón aquí 🙂
Desexando Sorte
O post de hoxe é para deixarvos coa incerteza…. Se pasades por Ela Diz, descubriredes de que vai todo isto.
Para os que non esteades en Compostela tentaremos amosarvos nuns días. Estaremos encantados de escoitar as vosas suxestións.
De ilusión tamén se vive
Para os que me coñecen non vai ser ningunha sorpresa, para ao resto coméntovos. Ademais de ser unha soñadora son moi pero que moi fan deste mozo.
Como dentro de moi pouco estamos de 2º aniversario, que mellor que soñar e facelo con esta marabilla.
¿ non podería eu ter a alguén así para festexar o 2º Aniversario? Quizais teña que esperar ao 10º como Eleven Paris!
As mesturas sempre foron boas!
Que poden ter en común unha Matemática, a Libraría feminista Lila de Lilith, un bo fotógrafo e Ela Diz ?
Déixovos unha imaxe como anticipo, pero non deixedes de pasarvos polo blog de José Paz para descubrir o seu traballo e por suposto saber máis desa Matemática!!
Macamen Rapaza Ela Diz
Empezamos a semana cunha foto que me envía Cristina. Na imaxe podedes ver a Macamen en plena celebración co colgante da serie «Circus» de Lindo Ron e que Cristina regaloulle á súa amiga pola súa xubilación.
Grazas ás dúas e apertas!
Laura Rapaza Ela Diz
Aquí estou de volta tras uns días de ausencia porque en Nadal xa se sabe, vólvese a casa, como o vello anuncio do Almendro.
Tras gozar duns días Caribeños en Donostia, con temperaturas de 25º en pleno Decembro e cunha chea de cousas boas, móstrovos os agasallos que máis me gustaron.
Son dous retratos nos que saio moi pero que moi feitiña e feitos por dous pequenos artístas de 5 anos.
Temos a versión masculina de Nico e a feminina de Alia.
Un bico para toda a familia e amigos. Deséxovos un Feliz 2013!
Mercadillo Santiaguide
Levamos varios días escoitando comentarios sobre a apertura da nova tenda de Amancio en New York, moitos metros cadrados, na 5º Avenida, no número 666, todo moi branco, moi bonito…. pero quédanos un pouco lonxe, non?
E o Mercadillo Santiaguide, decatástesvos ?
Pois para os que vivimos neste lado do Atlántico é unha cita ineludible. Celebrarase o 23, 24 e 25 de marzo, no Gato Cosmico, onde poderedes atopar unha chea de gangas de calquera das tendas que formamos Santiaguide.
Por se isto fose pouco, aqueles que veñades o domingo teredes o pracer de escoitar a Dj Fran Reixa, que animará toda a xornada.
Esperámosvos!
COMENTARIOS