Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “deseño galego santiago de compostela

Iconas

Nin Madonna nin Marilyn, as iconas desta terra sonche outras.

rosaía e as marías-boh-láminas


Cecilia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos un dos vestidos dos  Galegos Chula.

Detalle da parte traseira do vestido con detalles en patchwork

Vestidos que se caracterizan polos seus orixinais deseños,  en seda e  feitos a man. Cecilia moitas grazas, espero que o disfrutes.

 



O novo de Chula

Hoxe temos o pracer de anunciarvos a chegada a Ela  Diz, do último de Chula.

 

Para quen non coñece esta firma, dicirvos que detrás dela están Laura e Diego, dous Galegos afincados no Vietnam.

 

 

O traballo que realizan está cheo de cor e imaxinación.

 

 

Pezas pensadas para mulleres que gustan de vestir dunha maneira diferente.

 

 

Un traballo artesanal realizado integramente en  seda.