Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “deseñadores emerxentes santiago de compostela

Éche o que hai!

Eu sempre fun moi de primeiras impresións. No amor, coas amizades, as peli, as cidades, a música, os viaxes,… en realidade creo que con todo en xeral.

Este venres, sen querer, volvín a ser consciente diso. Boh!

Kit completo de Boh: ilustración Isaac Díaz Pardo, estoxo foliada, moedeiro arroz con chicharos e bolso éche o que hai!


Se fai falta até pintamos

Para levantar o ánimo neste sábado chuvioso e ventoso. Nada mellor que mostrarvos o traballo artesanal desta camiseta chea de luz e cor.

proceso de elaboración artesanal

camiseta-palóma suárez

 


CCCC

Entre Cambados e Compostela, Cubos e Cores. Descobre a combinación de cores destas pezas realizadas a man.

pendientes-cubo-milena

colgante-cubo-milena


Negro

Desde Asturias Edicións Limitadas agora #rebaixadas.

vestido-mónica lavandera


Azul, negro e transparencias.

Cun deseño arriscado, desde as Illas Canarias.  Colección Soul´s Reflection.

sudadera- paloma suárez

 


Merino

Entre o cambio climático, a polución, e o exceso de hixiene o número de alérxicos crece ano tras ano.
Se este é o teu caso e notaches que as pezas de la pícanche, talvez te teñas que pasar ao merino.
As propiedades da la merino veñen dadas pola forma da súa fibra, máis fina que a do resto das las. As pezas realizadas con la merino conseguen:

  • Manter unha temperatura corporal ideal constante.
  • Grazas ás súas propiedades antibacterianas naturais, impiden que o suor se filtre no tecido e provoque malos cheiros.
  • É transpirable.
  • Repele a auga.
  • É suave ao tacto.
  • É 100% ecolóxica e biodegradable.

chaqueta-syntonie3

Neste caso ademais podemos engadir outra característica moi importante. Estas pezas de edición limitada,  están realizadas nun pequeno taller nacional. Afastado da produción en masa e cun acabado artesanal.

chaqueta-syntonie2

chaqueta-syntonie1


All you need is less

Unha das parte negativas da moda é o consumismo abusivo ao que nos tentan levar tempada tras tempada.
Pero cando se trata de moda sustentable, feita a pequena escala, coidando os detalles, o concepto sobre a moda cambia radicalmente.
Iso é o que pensamos moitos e Nerea Lurgain plásmao nunha das súas pezas da colección deste inverno 2015.

camiseta-nerea lurgain-all you need is lees


Convidada a unha voda

As vodas son momentos de celebración e de felicidade, pero ás veces a elección do traxe e do agasallo pon en apertos a máis dun.
Eu prefiro a sinxeleza, a elegancia e sobre todo que a peza escollida teña longa vida. ¡Nada de gardar no armario, para non usalo mais!
Con estes argumentos, supoño que entenderedes porque me gusta tanto a elección que fixo Melania.

mono-azabala-Melania

Mono AZabala: actual, elegante, cómodo e reutilizable.


Cidade Maravilhosa

 

Recibimos fotos desde Brasil. Lucindo modelito en Río de Janeiro.

vestido-azabala-Rio de Janeiro

En primeiro plano vestido de AZabala e ao fondo entre nubes Copacabana desde o Pão de Açúcar.

vestido-azabala-Rio de Janeiro2

vestido-azabala-Rio de Janeiro1


Loulitas mini e botas

Con transparencia na parte central, en vermello e negro. Encántanos Loulitas con mini e botas ❤

camiseta reversible-Loulitas-Paula


Lembrando os anos 80

É algo innato, cada vez que vexo este vestido é imposible non lembrar a mítica «Bailando» de Alaska e os Pegamoides.

vestido-nerea lurgain-Nieves

vestido-nerea lurgain-Nieves1


Xiro reversible

O traballo de Lourdes é un hibrido entre artesanía, deseño e o traballo de modista.

vestidos-lolulitas

Xiro é a súa colección para este verán. E o máis característico das súas pezas é que son todas reversibles.

camisetas-loulitas

A continuación podedes ver como una mesma peza transfórmase en distintas opcións.

monos-loulitas

vestidos-loulitas-movimiento

 


Kimono

A deseñadora Sira Ryf, versiona a peza máis famosa do Japón, o Kimono. Tinguido coa técnica Batik, escote en V dianteiro e traseiro e tachuelas e cremalleras antigas.

kimono-sira ryf-Rosa


Nerea Lurgain en Ela Diz

Preséntovos o traballo dunha nova deseñadora, Nerea Lurgain,  esta Donostiarra afincada na actualidade  en Barcelona.

Nerea,  Licencada en Belas Artes, trasladouse a Barcelona para cursar deseño de moda no Instituto Superior de Deseño Idep. En xullo do 2007 foi seleccionada pola Generalitat de Catalunya para formar parte do Proxecto Bressol, o que posibilitou a creación da súa propia marca.

Na imaxe superior podedes ver a Nerea na súa visita a Ela Diz
Nerea Lurgain é sinónimo de personalidade, orixinalidade, comodidade e estilo.

Ofrece unha moda real, única e natural que se afasta dos estereotipos. Moda feita en Barcelona, con dous puntos fortes: as serigrafías e o tricot.

Que vos parece?


Leire Rapaza Ela Diz

De seguido móstrovos a Leire cunha camiseta  edición limitada da deseñadora Mónica Cordera. Mangas abullonadas e detalle de pétalos no escote que namoraron a Leire ao momento. Desexo que gozásedes da cidade e da súa noite, un pracer coñecervos!


Amparo Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior Amparo cun vestido dos deseñadores Galegos Chula. Un vestido ao que non lle falta de nada con colar, cinto e bolso e un precioso tutú.
Grazas Amparo, un abrazo

Detalle do cinto e bolso

Detalle do cinto e bolso no vestido de seda da firma Chula


Izaskun Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Izaskun vestida polas deseñadoras Ambrosia Pitigüil. Un vestido en ton amarelo con print de bolboretas combinado con cinto rosa que consigue un bonito contraste de cores. Grazas Izaskun por vir coñecer a tenda, apertas para vós e a vosa cicerone 🙂


Gabriela Rapaza Ela Diz

Na image podedes ver a Gabriela cun deseño dos Galegos Chula. Un vestido de seda negro,con tutú e con colar, cinto e bolso pintados a man.
Grazas Gabriela vémonos en setembro.


Maite, Rapaza Ela Diz

A continuación podedes ver a Maite vestida con saia e camiseta de Luna Moreno. Unha bonita combinación de cores asinada polas novas deseñadoras. Maite moitas grazas eapertas.

Se vos gustou a combinación aínda podedes atopar as pezas na nosa tenda online  ww.eladiz.com e por suposto na nosa tenda física.


Imelda Rapaza Ela Diz

Hai uns días pasou pola tenda Imelda, unha suíza de vacacións por Galicia e cun gran interese na Moda Galega.


Na imaxe amósovos a Imelda cun deseño de Mónica Cordera, en particular coa súa camiseta con detalle no peito e mangas abullonadas. Xa sabedes a rapaza  Asturiana afincada en Galicia, onde realiza todo o seu traballo.
A continuación podedes ver a Imelda cun deseño dos Galegos Chula.


Un divertido e animado  vestido de seda pintado a man.


Grazas Imelda, un pracer coñecervos!


Nadia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Nadia cun deseño do Brasileiro Hoertonn. Unha combinación moi favorecedero de chocolate e azul. Grazas Nadia pola túa simpatía, apertas.


Lucia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior  podedes ver a  Lucia cun  deseño das deseñadoras Catalás Luna Moreno. Unha camiseta negra  con táboas en cor laranxa na parte dianteira e detalle en branco no pescozo. Grazas Lucia, foi un pracer charlar convosco.


Rosa, Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos a Rosa cun deseño do Brasileiro Hoertonn.

Un vestido globo en cor gris con detalles de cor nos ombreiros e na cintura e pequeno bolsillo no peito. Grazas Rosa e apertas.


Sra. Bodil Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos á Sra. Bodil cun deseño das irmás que forman Ambrosia Pitigüil, neste caso a Sra. Bodil decidiuse polo vestido de bolboretas nun favorecedor ton amarelo.
Grazas pola simpatía e apertas!