Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “decora con cestería

Cestería feita moda

Fai tempo que tiñamos en mente ensinarvos o traballo de Idoia Cuesta. Esta Guipuscoana afincada en Lugo que triunfa coa súa cestaría. Biologa de formación, chegou á cestaría a través da investigación dos tecidos, fai xa máis dunha decada.

Imagen
A Artesanía de Idoia, nace da tradición , pero experimentando  con materiais  e  volumes para deseñar e crear novas liñas e produtos.

Unha das virtudes de Idoia, é a colaboración en multiples proxectos, así a podemos atopar facilmente como docente de escolas de deseño, como colaboradora con deseñadores de moda ou en proxectos de decoración entre outras cousas.

Imagen
Se vos gustou o seu traballo, propóñovos achegarvos á tenda e ver persoalmente a serie de cestos de la que temos.

Imagen

Para rematar deixovos a Idoia de visita por Ela Diz. Zorionak Idoia eta mil esker!

Imagen