Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “concerto

Novidades no escaparate Ela Diz

Hoxe empezamos o díamostrándovos as novas propostas do noso escaparate.


Un pouco de todo, para as que lles gustan os vestidos e para as que non se separan dos seus pantalóns.


Detalle vestido de Aguamarina Paris con chaqueta Mado et les autres e boina de Céline Robert.


O último en chegar a Ela Diz, camisa con ilustración de maniquies de Mi Clo, da que vos falarei a próxima semana.


Aos pés bolso de Oobuka, maletín de fin de semana Nice Things e zocos de Elena Ferro.

E para rematar, móstrovos a porta de Ela Diz co anuncio do próximo concerto do Crooner Tony Lomba que terá lugar a próxima semana no garito de moda de Compostela, o  Kunsthall. e que seguro que é todo un éxito!