Sorrisos e moita sorte
Empezamos o mes de xuño desexando sorte a todo o mundo.
A nosa idea orixinal era facer un vídeo do noso escaparate para que puidésedes ver á os nosos gatos en movemento. Tras varios intentos errados, terémonos que conformar coas fotos.
Aos pes do mais grande o traballo de Ana Miguens.
Mono e chaqueta de Nice Things con colar de Paseloqpase e mochila reciclada de Anuscas Family.
Vestido Malahierba Atelier combinado con foulard das Redeiras de Corme, pendentes Iomiss e gorro para cando saia o sol.
E na estantería os zocos de Eferro.
Elíxenos! O Comercio Local agasállate no Nadal
Desde o pequeno comercio de Compostelán ideamos unha campaña para este Nadal que só achega cousas boas.
Os venres, sábados e domindos desde o 1 de decembro até o 5 de xaneiro, convidámosvos a CAFÉ, CANA ou REFRESCO, nunha chea de bares da cidade.
Temos unha cidade Patrimonio da Humanidade, comercios diversos con produtos de calidade e unha hostalaría de primeira!
Non te esquezas de nós este Nadal e apoia o comercio local!
Luzzety Rapaza Ela Diz
Na imaxe preséntovos a Luzzety, cunha orixinal chaqueta de raias en tons lilas de Mado et les autres. Luzzety e a súa amiga viñeron a Compostela a gozar duns días de descanso no estupendo Hotel Quinta da Auga. Despois de disfrutar das súas instalacións e do Spa, achegáronse ata a Zona Vella para pasear e ir de compras!
Grazas as dúas e apertas!
COMENTARIOS