Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “compras santiago de compostela

Se chove🎨🎨

🎨Se chove💪🏼 que chova!


Sostenibilidade como antídoto.

O mellor antídoto para os días grises é  unha cápsula de sostenibilidade.

vestido-nathalie vleeschouwer-mochila-anuscas family-paxaro-plego


Topos contra o frío

Nice Things sorpréndenos con estas plumas de topos, unha opción para as máis friorentas.
Felicidades a todas as Pilares,  e aviso navegantes: hoxe pechamos pola tarde.

Imagen


Camuflaxe perfecto

Imagen

Na imaxe superior vestido da deseñadora Elisa Cortés. Vestido recto con manga francesa e vivos en negro.

Para as máis fashion un indispensable animal print  que poderíamos levar con estes zocos de Elena Ferro, que vos parece?

Imagen

 


María Roch

Hoxe estreamos o traballo de María Roch, Barcelona 1985.

Imagen

Tras realizar os seus estudos de moda en Barcelona e Inglaterra María tivo unha interesante traxectoria profesional.

Imagen

Galardoada en diferentes ocasións, recibiu o  Premio ao Mellor Concepto e o  Premio á mellor Colección entre outros.

Imagen
Antes da creación da súa propia firma  en 2010, María, realizou un stage no taller de Antonio Miro.

Imagen

Unha colección que mistura tecidos como a la ou a seda, cun obxectivo moi claro. Crear moda que perdure no tempo afastándose da fast-fashion.

Imagen


Cada unha no seu estilo

Imagen

En color verde ou viño, para levar como bolso de man ou en bandoleira, todas as opcións son válidas para este bolso de Nice Things.

Imagen


O vestido negro nunca falla

Imagen O novo de Elisa Cortés, coma sempre elegante, sobrio e con moito estilo. Bicos Corine


Ecuacións matemáticas

Da colección de esmaltes de Latonta y Larubia preséntovos un dos grandes éxitos. Mínimo, delicado e favorecedor. Porque as veces menos é mais. Grazas Elsa

Imagen


Eu tamén podo ser unha It Girl

Imagen

Kate Moss é unha top internacional? Pois eu tamén, dixo Juana! que vos parece a camiseta de Dear Tee?


Asturies!!!!

Natural de Asturias e residente en Donostia, un anticipo da colección de Mónica Lavandera.

Imagen

Edicións limitadas e numeradas dunha das deseñadoras que máis gustan en Ela Diz.

Imagen

Unha mestura perfecta de patróns e materiais de primeiras calidades

Imagen

A nota crave das colecciónes de Mónica son a personalidade e a comodidade das súas pezas.

Imagen

Se vos gustou podedes pasar pola tenda e gozar dos seus deseños á espera da súa proposta máis abrigadas para  o inverno 2013/2014.

Imagen


Un vestido moi didáctico

Os Galegos de Chula, sorprendéronnos cun vestido digno de calquera profesora de xeografía.

Imagen

Na imaxe Rosa con Europa ás súas costas e con Africa de fronte.Con escote palabra de honra, en seda, de edición limitada e realizado a man. Grazas Rosa,bicos 🙂

vestido-chula-rosa1


Así da gusto!!!

Cando a xente sentese cómoda, guapa e a gusto nada mellor que sacar a cámara e  facer unhas cantas fotos.

Imagen

Iso é o que lle ocorreu a Ellen coas pezas da xoven AZabala.

Imagen

En dous tons de gris, vestido e chaleco AZabala e sandalias de Elena Ferro.
Bicos Ellen e grazas.

Imagen


María Rapaza Ela Diz

Rematamos a semana con María e co avance da próxima tempada. Na  imaxe, María con camisa xeométrica de Nice Things. Bo fin de semana e disfrutade do bo tempo!

Imagen


Corme Fashion Style

Noutras ocasións mostrámosvos os bolsos e foulares realizados polas  Redeiras de Corme. Hoxe seguimos falando delas, pero neste caso das súas xoias. Na imaxe Elma con colar bicolor.  Gracias Elma, e apertas as dúas.

Imagen


Outono sureño ou verán norteño

Para darlle un respiro as rebaixas, hoxe tocan novidades.

Imagen

Manga curta, manga francesa, estampados xeométricos, florais, vainillas, verdes…Imagen

e a elegancia do negro sempre presenta nas suas coleccións.

Imagen


Trabucada co alemán!

Hoxe a prota do día é Antl, unha alemá de nome impronunciable, e que podedes ver a continuación con vestido de Nice Things.

Imagen

Un vestido de seda con petos e botonadura na parte dianteira e pescozo babero para anudar ás costas.

Imagen

Bicos Antl:-)


Voda á vista!

Non, non casamos, pero estamos de celebración xa que Araceli enviounos unha foto co seu vestido de Chula. Ara, pareces unha fada, moitas grazas e bicos 😉

Imagen

Vestido dos Galegos Chula, feito a man e de edición limitada.


Artesanía versus Artesanía

Estes amigos tiveron claro desde o principio que a eles o que máis lles interesaba era a Moda e a Artesanía feita en Galicia. Finalmente decidíronse por un bolso das Redeiras de Corme e un cesto de la de Idoia Cuesta. Boa elección 🙂

Imagen


Silvia Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a  Silvia cun vestido dos Galegos Chula. En vermello e branco de seda e como sempre integramente confeccionado a man. Bicos Silvia

Imagen


Eu sen meu bolso non saio!

Para todas as que non podemos vivir sen bolso, hoxe temos boas novas. Avance da colección de Nice Things. Bolsos pequenos, bolsos medianos, bolsos de boquilla, bolsos de man, incluso sorprendennos con unha maleta

Imagen


Rapazas Ela Diz

Imagen

Eleanor e Jeanette visitáronnos hai uns días e na imaxe podédelas ver con camiseta de Dear Tee e vestido de Malahierba Atelier. Dous estilos e dous prezos xa que combinan o recen chegado coas rebaixas.


Yolanda Rapaza Ela Diz

Cando falamos de xoias sempre tocan primeiros planos. Na imaxe Yolanda con pendentes de Latonta y Larubia.  Un pracer coñecerche  e grazas.

Imagen


Alicia Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Alicia con vestido dunha das últimas deseñadoras en chegar a Compostela, Barbara Torrijos.

Imagen


Sorpresa!

Imagen

En Ela Diz tamén temos a opción de facer regalos para grupos. Esta é a imaxe final, as afortunadas terán a resposta do segredo:-)