Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “comprar online santiago de compostela

Elvira, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Elvira cun vestido da firma Elisa Cortés. En punto de seda de cor negra e cunha tira de coiro en ouro vello para encaixar ao pescozo. Grazas Elvira, apertas.


Alba, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Alba con pantalóns da firma danesa Whiite.

Uns vaqueiros acampanados de cintura alta e corte recto. Estupendos para levar con tacóns e camisetas axustadas, si lle  engadimos  un cinto estreito, resaltaremos ainda mais a  cintura como vedes neste caso. Grazas Alba e apertas.


Adri e Mayte, Rapazas Ela Diz

Hoxe tócalle a quenda a unha amiga con moita graza e claro para iso hai que ter unha nai como a súa.

Na imaxe podedes ver a nai e filla, con dous estilos diferenciados. Adri con vestido verde e rosa do deseñador Brasileiro Hoertonn e Mayte cun vestido floreado con manga xaponesa da firma danesa Whiite.
Grazas e un bico para toda a familia!


Unha Brasileira, Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un dos deseños de Amaia Zabala.

Unha camiseta con superposición de tecidos. Pola cara interna algodón branco con topos e na cara externa unha gasa en gris claro e detalle de peto no peito. Grazas «Brasileira», un pracer coñecerche!


Nelida, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Nelida cun vestido da firma Elisa Cortés.

 

Unha combinación de punto de seda e liño. Un vestido perfecto para estes días de calor. Nelida grazas por todo e apertas.