Laura, Rapaza Ela Diz
Hoxe tócalle a quenda a Laura, que a pesar de que esquivou o das fotos anteriormente, esta vez non pudo evitalo. Laura leva zocos de inverno da artesá Eferro en rosa fucsia, pantalóns vaqueiros campá e cinto de charol rosa da firma Whiite, camiseta de seda con detalle de coiro no pescozo da deseñadora inglesa Scaline.
Para rematar o look, Laura camúflase baixo un precioso chapeu da mítica Sombrerería Igresias, xa sabedes unha das tendas con máis historia da cidade, moi preto de nos na Rua do Vilar.
Grazas Laura, apertas para ti e mais para Matilde.
Rosa, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Rosa, cunha camiseta das deseñadoras catalás Luna Moreno.Cunhas táboas laranxas que contrarrestan o negro das costas e detalle branco no escote.
Rosa un pracer coñecerche, grazas e apertas.
Carmen, Rapaza Ela Diz
Na imaxe amósovos a Carmen cun deseño da firma francesa Aguamarina Paris.
En pequenos cadros ao estilo missoni e cun bonito escote. Carmen un pracer coñecerche e moitas grazas por todo. Un saúdo
Susana, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Susana cunha camisa da firma francesa Mado et les autres.
Unha camisa diferente con detalle de botóns en diagonal de cadros, sen mangas e con detalle nas costas.
Grazas Susana, apertas ás dúas.
Anja, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Anja by Elisa Cortés.
Anja visitounos hai uns días despois de facer o Camiño e prometeunos enviarnos as fotos desde Alemaña na voda dunha amiga. Anja, moitas grazas por lembrarte de de nós. Apertas
Vestido en punto de seda con detalle no escote en forma de pétalos
COMENTARIOS