Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “complementos Santiago de Compostela

Pedrusco, xoias chegadas desde Bilbo

Hoxe preséntovos o último en Ela Diz, Pedrusco.

Image

Firma de xoias artesanais e de deseño tras a que atopamos a Irene Trincado e Ixone Abasolo.

Image

Dúas rapazas de Bilbo pertencentes ao mundo da moda e que no 2012 lanzan a súa propia firma.

Image

Image

Traballan as resinas como trataría un xoieiro unha xema, tallando, lijando e puíndo até dar coa forma desexada. Un proceso artesanal que dá lugar a pezas únicas e exclusivas.

Image

Image

Nesta colección a súa inspiración céntrase na xeometría, dando protagonismo ás formas.

E para rematar, o noso recuncho Pedrusco.

Image


Unha familia cos pés na terra.

Primeiro foi a nai, Ana,

Imagen

despois o pai Juan Carlos e finalmente Ignacio, o máis atrevido de todos:-)

Imagen

Rematamos ca foto dos homes da familia, de paseo por Ourense! Moitas grazas familia 🙂 bicos!

Imagen


Invasión poliédrica

Seguimos con novidades, hoxe invasión de poliedros.

Image

De diferentes cores e tamaños.

Image

Regulares our irregulares

Image

Podes escoller o teu preferido

Image


Cada unha no seu estilo

Imagen

En color verde ou viño, para levar como bolso de man ou en bandoleira, todas as opcións son válidas para este bolso de Nice Things.

Imagen


Unha sogra moi cachonda!

Na imaxe podedes ver a Frieda  con vestido de Elisa Cortés e foulard de Cabanas Bcn. Cando lle dixen a Frieda se lle podía fotografar para o blog, non o dubidou un momento e contoume entre risas que era a sogra dunha modelo  moi coñecida, Elise Crombez, imaxe de Prada entre outros grandes da moda.
Así que se a nora desfila para Prada, eu quédome coa sogra en formato mais enxebre.
Un bico e seguimos en contacto

Imagen


As Redeiras de Corme

De novo entre nós, o traballo das Redeiras de Corme. Artesanía Galega asinada por Rosa e Mª Jesús, dúas mulleres con espírito innovador.

Imagen

Empezamos con bolsos: para as máis ousadas, onde non se pode gardar nin un segredo!

Imagen

sen esquecer ás discretas …
Imagen

Imagen

E rematamos ata próximas novas con colares en tres acabados

Imagen

E por hoxe rematamos cos colares, non sen antes avisarvos que pronto moi pronto teremos novos deseños chegados dende Corme!


Pata de galo pero con moita cor.

Hoxe móstrovos a Esther cun dos bolsos que máis sorrisos espertan.

Imagen

Un bolso de man con estampado de pata de galo, pero con moita cor. E se isto fose pouco, tamén vén cunha bandoleira facilmente substituíble por se queres ir con mans libres


Alicia e Beatriz Rapazas Ela Diz

Imagen

Por simpáticas, guapas e pola súa elección, as protagonistas hoxe son Alicia e Beatriz con colgante de Latonta y Larubia e pendentes de Iomiss. Grazas e apertas!


Xoias de autor

Hoxe sorprendémosvos con novidades nas nosas vitrinas.
Amor Calderón e o seu traballo artesanal. ImagenImagen

Pezas realizadas a man, moitas delas  únicas e noutras ocasións cun máximo de 6 unidades por modelo.

ImagenImagen

Amor, combina metais como a prata, o cobre, o aceiro inoxidable ou o latón con materiais orgánicos como corda, pedra, madeira, papel e calicó pintados a man.

ImagenImagen

Contamos con dúas coleccións: Entre Cores e Gatlang

ImagenImagen


Corme Fashion Style

Noutras ocasións mostrámosvos os bolsos e foulares realizados polas  Redeiras de Corme. Hoxe seguimos falando delas, pero neste caso das súas xoias. Na imaxe Elma con colar bicolor.  Gracias Elma, e apertas as dúas.

Imagen


Latonta y Larubia x 3

Isto é o que pasa cos deseños de Latonta y Larubia, que todas queren un!
Grazas a  María, Mónica e Tamara, bicos 🙂Imagen


Yolanda Rapaza Ela Diz

Cando falamos de xoias sempre tocan primeiros planos. Na imaxe Yolanda con pendentes de Latonta y Larubia.  Un pracer coñecerche  e grazas.

Imagen


Amy Rapaza Ela Diz

Uno dos artigos máis delicados e con máis encanto desta tempada, son os foulares pintados a man por María Feijoo.
Pequenas obras de arte en seda para levar ao pescozo… ou para decorar o teu recuncho preferido na casa.

Imagen
Na imaxe Amy encantada de levar un recordo made in Galicia.


Dewi Rapaza Ela Diz

Imagen

Estilo pachwork de inspiración étnica e  chea de cor. Nice Things proponnos a bolsa shopping que máis  sorrisos espertou en Ela Diz. Dewi  bicos e apertas.


Novos bolsos Reciclados

Hai uns días vos mostrabamos as mochilas recicladas de Anuscas Family. Hoxe a quenda é para os bolsos e os maxi bags. Pezas artesanais, coloridas e versatiles.

Imagen

Imagen

Obtidos da mestura de xuntar pantalóns e moita imaxinación.

Imagen

Imagen

Pensados e deseñados para poder levar de varias formas.

Imagen


Carmen Rapaza Ela Diz

Os deseños reciclados de Anusca´s Family seguen gustando a todas. Na imaxe Carmen con shopping bag con moita cor e base azul mariño.

Imagen

Carmen é unha das nosas novas veciñas da Rúa Nova, da mítica Ámboa, unha tenda desas nas que entras e tardas moito moito en saír. Apertas!

Imagen


Lucie Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior podedes ver a Lucie cun deseño da Asturiana Lindo Ron.

Un colgante cun efecto sorprendente,  alegra a vida ao momento como podedes apreciar máis abaixo.
Lucie moitas grazas e apertas!


Belén Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Belén cun bolso de Nice Things. Un bolso en cor teza e con vivos en marrón, convertible en dous tamaños e  que Belén leva como bolso de man. Un saúdo e grazas


Fiona Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Fiona cunha bufanda de cadros, chea de cor e dun tacto super agradable de Nice Things. Un bonito complemento para alegrar a nosa cara, sobre todo se chove como hoxe.

 


Lindo Ron creatividade e diversión

Hoxe preséntovos o traballo de Ana, unha moza Asturiana que tras realizar os seus estudos de Belas Artes, decidiuse a crear «Lindo Ron» .

Colgante The Captain

Pezas cunha chiscadela divertida, nos que mestura os seus debuxos con metal, resina, plástico e madeira.

Colgante Mr Bigote

Espero que vos gusten !

Colgante Old Circus

Broche Cake


Belén Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Belén, cun deseño de Nice Things. Un bolso con estilo militar de franela en gris e con vivos en marrón. Belén moitas grazas e apertas.

Ante o exito dos bolsos deste outono inverno , nuns días ensinareivos máis.


Paula Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Paula cun bolso de Nice Things.

En cor pel natural  e con opción de levalo con asa curta como Paula ou  en bandoleira como podedes ver máis abaixo.

Dispoñible nesta cor,en  negro e viño.
Grazas Paula e apertas.


Mª Pilar Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Mª Pilar, unha galega que a pesar de residir fóra visitounos hai uns días,  cun bolso-sobre da firma Nice Things. Apertas  e grazas Mª Pilar.


Rosa, Rapaza Ela Diz

As ilustracións feitas xoias de Manitas de Plata, seguen encantando a todo o mundo.

Nesta ocasión Rosa decidiuse polo colgante de prata con ilustración mariñeira.
Rosa apertas e grazas !