Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “colgantes

Floridos días.


Descontos do 40% e moitas ideas!

Novas propostas desde o escaparate  de Ela Diz. Agora cun 40% de desconto.

Imagen

Vestido longo en cor berenxena combinada con parka mostaza e colgante da serie Tempo.Unha opción para un día de paseo.

Imagen

Unha opción para aquelas que teñen que gardar as formas no traballo,  vestido gris ceñido o corpo cun blazer negro e un divertido colgante para alegrar a xornada.

Imagen

E para rematar zocos e agasallos divertidos integramente feitos en Galicia.

Imagen


Deseño Galego

Empezamos o ano con novidades moi interesantes, co traballo de La Malconttenta. Deseños e ilustracións en obxectos cotiáns ou non tantos feitos con amor e con selo galego.Espero que vos guste.

prato-la malconttenta-1

prato-la malconttenta

at home

notebook fruits & flowers

ilustracións la malconttenta

ilustracións xabarin & xabarina

taza xabarin &xabarina

taza carnival


Eva Rapaza Ela Diz

Os deseños de Lindo Ron seguen causando sensación en Compostela.

colgante-Lindo Ron-Eva

Na imaxe podedes ver a Eva, á quen moitos de vós coñeceredes, xa que é a propietaria de Matrioska, tamén na zona vella,  cun dos colgantes.

colgante-Lindo Ron-Eva2
Eva grazas polas sesións de fotos. Este nadal vou ter que pedir unha camara nova. Bicos guapa!

 


Escaparate Ela Diz

A nosa proposta semanal para este fin de novembro…corto o longo, esta semana dámoslle os vestidos.

Vestido longo da deseñadora Portuguesa Pé de Chumbo, un vestido para una cita especial.

De negro e longo vestido da deseñadora Nerea Lurgain, con blazer de Scaline, boina de Céline Robert, fulard Oriol e colar de Lindo Ron

En verdes, bolso Oobuka e Nice Things, e zocos de Elena Ferro.

En tons tostados, vestido de Mado et les Autres, con chaquetón de Nice Things e para andar quentiña fular de topos e boina de Céline Robert.