Novas propostas desde o escaparate
A piques de rematar o mes de Decembro, amósovos as últimas propostas do noso escaparate, quizais atopedes inspiración para algún agasallo…
Vestido e chaqueta de Laga, bolso Nice Things.
Camisa de Scaline, pantalóns de Mónica Lavandera, chaqueta e foulard de Nice Things.
Pendentes Iomiss e colgante Lindo Ron.
E pos suposto zocos de Eferro.
Escaparate Ela Diz
Novas propostas desde a nosa xanela para este Nadal.
Vestido con botóns nas costas con abrigo de lá todo de Nice Things.
Zocos bicolor de Eferro acompañados de pendentes Vodevil e colgante Lindoron.
Vestido e chaqueta de Mado et les autres e foular e maletín de Nice Things.
Eider Rapaza Ela Diz
Sábado festivo e moitas cousas que contarvos e mostrarvos!
Hoxe permaneceremos abertos no noso horario habitual ademais de lembrarvos queestades convidados a un café unha cana ou un refresco en moitos dos bares da cidade polas vosas compras!
Ademais quérovos ensinar as fotos que me enviou Eider e na que estamos presentes cun pequeno detalle, porque nun día tan especial, os detalles valen moito.
Eider na imaxe na cerimonia, donde se ve o broche que ela levou como gargantilla.
Moita sorte na vosa próxima andaina e lembra que polo menos teremos que tomar un café. Muxu haundi bat bihotzez!
Escaparate Ela Diz
Amósovos as novas do noso escaparate
Detalle dos bolsos de Nice Things, a esquerda bolso maletín en cor azul e a dereita bolso carteira gris con vivos en marrón e para os pes zapatos de vértixe de Elena Ferro.
A continuación detalle do vestido manga farol e cinto en coiro de Elisa Cortés con boina de Céline Robert e colgante de Manitas de plata, e mono bicolor de Amaia Zabala
COMENTARIOS