Decora, recicla e cuida o medio ambiente.
¿Quen será este mozo con cara de bo?
Preséntovos a Anthony e o seu pequeno xardín.
Unha idea que axunta: deseño, reciclaxe, produtos ecolóxicos e artesanía.
E preguntarédesvos, ¿que conseguimos con todos estes ingredientes? Pois a resposta é moi sinxela. Un pequeno xardín na parede, xanela ou mesa dependendo do kit elixido.
Os kits veñen con todo o necesario para ver crecer as túas herbas aromáticas, tes ou flores comestibles no lugar que o teu elixas e apenas sen esforzo.
O kit de mesa conten botellas de viño recicladas, bolsa de substrato, bolsa de arxila expandida, unha mecha e un paquete de sementes ecolóxicas e non tratadas.
O kit para a parede ou ventan contén: botellas de viño recicladas, ventosa pra a sujeción en xanela, estrutura de arame, bolsa de substrato, bolsa de arxila expandida, unha mecha e un paquete de sementes ecolóxicas e non tratadas.
Poderedes elixir entre albahaca, albahaca vermella, cilantro, perexil, cebollino e menta.
Para rematar déixovos o noso primeiro xardín en Ela Diz. Agora só nos falta esperar para sazonar nosas mellores receitas cun pouco de albahaca!
COMENTARIOS