Mimá que frío!
Algunha descendente dos Celtas máis osados que se atreva a lucir manga curta? #cousasdasrebaixas
Feli Rapaza Ela Diz
Bos días xente, e feliz sábado!
Hoxe empezamos o día cun deseño da Donostiarra Nerea Lurgain. Unha moza con moito talento, que ademais de visitarnos o verán pasado na tenda, pódeselle ver no EGO da Mercedes Benz Fashion Week Madrid.
Na imaxe podedes ver a Feli moi felina con camiseta de volantes e detalle nos ombreiros. Apertas e grazas Feli.
Belén Rapaza Ela Diz
A cor negra, á hora de vestir ten moitos puntos ao seu favor para moitas de nós, como no caso de Belén. A continuación cun deseño de Nerea Lurgain, unha camiseta con detalle nos ombreiros e volantes en cor negra.
A continuación Belén cun deseño de Amaia Zabala, un cómodo e elegante mono negro por suposto!
Belén foi un pracer, grazas polas túas verbas e apertas.
COMENTARIOS