Circo
Os deseños de Emes desembarcan e Ela Diz.
María de Miguel tras licenciarse en arquitectura e adicarse á profesión un par de anos, decidiu facer un workshop de deseño na Casita de Wendy.
Esta primavera verán, María preséntanos a colección CIRCO.
Onde trapecistas, globos, elefantes e demais personaxes do mundo circense mestúranse en todos os seus deseños.
Alba Rapaza Ela Diz
Orixinal, divertida e diferente, así é a blusa de seda de Nice Things. A continuación podedes ver a Alba con ela, co pescozo en azul e vivos en amarelo. Grazas Alba, e bicos para toda a familia!
As interesadas, aviso importante: a piques de recibila de novo, atentas rapazas !
Ana Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Ana cunha das nosas pezas preferidas. Trátase da colección de camisas de Mi Clo e que neste caso combina con pantalóns cor chocolate de Mado et lles Autres. Ana un bico e grazas
Mi Clo en Ela Diz
Hoxe preséntovos a Mi Clo, firma de deseño especializada en ilustración aplicada en diferentes soportes tras a que se atopa Camino López.
Outra emprendedora que tras formarse en arquitectura de interiores e deseño gráfico, decidiu dar o salto e crear a súa primeira colección HUTGESCHÄFT, A Sombrerería, inspirada na Viena de 1919.
Blusas con patróns sinxelos e deseño de estampados únicos.
Integramente estampadas e confeccionadas en España.
Dificil elección a de escoller a miña preferida, ti que pensas?
Novidades no escaparate Ela Diz
Hoxe empezamos o díamostrándovos as novas propostas do noso escaparate.
Un pouco de todo, para as que lles gustan os vestidos e para as que non se separan dos seus pantalóns.
Detalle vestido de Aguamarina Paris con chaqueta Mado et les autres e boina de Céline Robert.
O último en chegar a Ela Diz, camisa con ilustración de maniquies de Mi Clo, da que vos falarei a próxima semana.
Aos pés bolso de Oobuka, maletín de fin de semana Nice Things e zocos de Elena Ferro.
E para rematar, móstrovos a porta de Ela Diz co anuncio do próximo concerto do Crooner Tony Lomba que terá lugar a próxima semana no garito de moda de Compostela, o Kunsthall. e que seguro que é todo un éxito!
COMENTARIOS