Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “calzado

Unha pinga de vermello.

Vermello como denominador común.

vestido-nathalie vleeschouwer-zapatos-pé de chumbo-floreiro helen b


Mostaza.

Mostaza sobre cuña en corcho.


No 24 de Compostela, na Rúa Nova

Moda, deseño e artesanía.

escaparate-eladiz-rebaixas-febreiro


Comparte e Sorprende

Comparte e Sorprende 😉

#ElaDiz #ModaSorprendente #RapazasElaDiz #ModaSostible #Artesanía #Reciclaxe #RúaNova24 #SantiagodeCompostela


A Señora Primavera

Dibuxada e enfiada no mapa de autoestradas da Península, preséntovos a Señora Primavera ca segunda proposta desta tempada.

 


Unha xanela con vida

Un resumo fotográfico da nosa xanela. Desta volta con moitas mulleres implicadas.
Grazas Iris,pola túa xenerosidade, por vir desde Ourense, por aguantar a calor dese día baixo os focos, por subir ao alto da escaleira e por suposto grazas polo teu traballo.

Grazas a Roser que desde Barcelona fixo o imposible para ter aquí os seus preciosos paxaros en 3D.

E  grazas tamén Marlene polas túas anduriñas chegadas desde Porto.

Guardar


Non te compliques!

Esta semana de festivos e pontes abrimos todos os días agás o xoves.

Guardar


Rebaixas moi Bestias

Se pasades polo 24 da Rúa Nova, descubriredes a nosa BESTA.

escaparate-original-rebajas-ela diz 1

E as nosas Rebaixas por suposto!

escaparate-original-rebajas-ela diz

Tallada en madeira, hoxe a podedes ver  de frente e de perfil.

escaparate-original-rebajas-ela diz 3

Pero en uns días poderedes verlle o cu tamén. #RebaixasmoiBestias

escaparate-original-rebajas-ela diz 2


Enchendo a rúa

Moitas de vos xa os estades disfrutando. Grazas e Boas Festas

image


Letras Galegas 2014

O  pasado sábado estreamos o  escaparate conmemorativo do Día das Letras Galegas 2014.
Milagros cedeunos un cartel das Letras Galegas do ano 1978. Así que o colocamos nun atril e para darlle un toque máis actual, decoramos a nosa mesa con letras de madeira feitas para a ocasión.
Por suposto todo isto rodeado de moita arte! A que teñen os deseñadores e artesáns de Ela Diz.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

 


Día Europeo de Artesanía

Queremos felicitar a todos l@s Artesáns no seu día.

Valentes que en plena era tecnolóxica atrévense a traballar coas súas mans. Recuperando vellos oficios adaptandolos aos nosos tempos.
Imagen

A lista dos artesáns presentes na nosa tenda é amplo e para evitar algún descoido, desde aquí o noso agradecemento a todos v@s!!

Imagen

mi clo

Imagen

Imagen

Imagen

cerámica-cavalinho do demo2

idoia cuesta1

bolso redeiras de corme

nerea lurgain

latonta y larubia

 

 

 

 

 

 

 


Búscase Fotógrafo.

Ao longo de 3 anos, organizamos unha inauguración na Praza Fuenterrabia o noso primeiro local en Compostela. Unha segunda Reinauguración o ano pasado, pola apertura da tenda  na Rúa Nova e unha Zoqueada polo noso 3º Aniversario xunto a Elena Ferro.

En todos os casos organizámolo con moita ilusión, coa axuda de amigos e familia e con moitos nervios. Pero somos tan nerviosos que nunca conseguimos boas fotos, unha pena!
Na imaxe as máis puntuais, ás 19 en punto da tarde.
Imagen

A continuación un intento de mostrar a variedade de cores e texturas dos Eferros.

Imagen

Grazas a tod@s!

Os que nos axudastes coa organización, ca difusión nos medios e aos que vos achegastedes ata Ela Diz.

Imagen

 

 


Os escollidos

Estes son algúns dos zocos escollidos para a quedada que temos pendente na Praza de Praterias. Zocos Eferro of course!

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen


Nieves Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos unha interesante combinación de mans de dúas rapazas con moito talento. Unha, deseñadora de moda e a outra artífice de dar continuidade ao oficio de zoqueiro, practicamente perdido.

Imagen
Na imaxe Nieves con vestido da Donostiarra AZabala e sandalias de Eferro, from Merza of course!
Bicos Nieves e grazas.


Sorrisos e moita sorte

Empezamos o mes de xuño desexando sorte a todo o mundo.

Imagen

A nosa idea orixinal era facer un vídeo do noso escaparate para que puidésedes ver á os nosos gatos en movemento. Tras varios intentos errados, terémonos que conformar coas fotos.

Imagen

Aos pes do mais grande o traballo de Ana Miguens.Imagen

Mono e chaqueta de Nice Things con colar de Paseloqpase e mochila reciclada de Anuscas Family.

Imagen

Vestido Malahierba Atelier combinado con foulard das Redeiras de Corme, pendentes Iomiss e gorro para cando saia o sol.

Imagen

E na estantería os zocos de Eferro.

 


Zocomanía

Zoqueando by Elena FerroImagenXa sexan de pelo, ou coiro, descalzos para os días asollados, ou pechados para as  máis seguras.

Imagen

O caso e calzar e facelo con Zocos Galegos. Estes modelos xa teñen nome, así que é un adianto para as máis ansiosas.

Imagen


Zoqueando todo o ano!

É unha alegría comprobar o interese que espertan os zocos de Elena Ferro. O aprecio a un oficio artesanal  que soubo renovarse e que gusta tanto aos de aquí como aos estranxeiros que visitan Compostela.
A continuación algún dos afortunados o día do estreno!

Imagen

Imagen

zocos-eferro-Luisa  zocos-eferro-Rita

zocos-eferro-Ramón

zocos-eferro-Chus

zocos-eferro-Amelia


Outra proposta para a primavera

Novas ideas desde noso escaparateImagen

A dereita mono da deseñadora AZabala con colgante de paseloqpase e zocos de Elena Ferro. A esquerda vestido de Nice Things con colgante de Latonta y Larubia e chapeu de papel.Imagen De seguido detalle dos diferentes complementos,

Imagen

Para rematar Artesanía Galega, bolso das Redeiras de Corme e colar de Ana Miguens.


Escaparate con moitas posibilidades

A piques de estrear o noso escaparate das Letras Galegas, amósovos o último cambio para o escaparate actual de redes, redeiras e chumbos de pesca.

Imagen
Na imaxe  inferior podedes ver vestido de organza de seda con flores dos Portugueses Pé de Chumbo, con levita de Elisa Cortes, colar de Peliqueiros de Ana Miguens e bandoleira tricolor de Nice Things.

Imagen
A continuación vestido lima de Nice Things, colgante de Latonta e Larubia, bolso de Anuscas Family e zocos de Elena Ferro.

Imagen


Esta primavera pisamos forte!

Á vista da cantidade de zocos e á variedade de cores, está claro que esta primavera está feita para levar zocos de Elena Ferro. Moi pronto coñeceredes aos afortunad@s

Imagen


Rosa Rapaza Ela Diz

Esta primavera o estilo tribal é unha das  tendencias que máis sona. Na imaxe podedes ver a Rosa cun vestido de inspiración étnica de Nice Things cun detalle que o fai aínda máis especial. A parte traseira do vestido é de encaixe e cun pequeno escote . E para rematar  nada mellor que combinalo cos preciosos zocos da zoqueira máis famosa do mundo, Elena Ferro, en cor berenxena e ca madeira tintada de verde. Bicos RosaImagen


Novas propostas

Novas alternativas desde o noso escaparate.

Por unha banda vestido de Mónica Lavandera acompañado dun colar de Ana Miguens. Imagen

En cores máis vibrantes, vestido de Malahierba Atelier con colgante de Andrea Baragaño e chaquetón de Nice Things.

Imagen

Aos pés como é habitual, zocos de Elena Ferro acompañados de bolso de man de Anusca´s Family e  maletin de Nice Things. No alto do escaparate os bolsos mais cool da Artesanía Galega feitos polas Redeiras de Corme e Malpica!Imagen


Outra de zocos viaxeiros

María de Vilalba enviounos fotos despois de estrear os seus zocos, como sempre asinados por Elena Ferro. María moitas grazas por todo, espero poder coñecerche persoalmente cando te achegues por Compostela! Bicos

Imagen


Jovita Rapaza Ela Diz

En cuestión de zocos, canto máis atrevidos mellor. Iso mesmo pensa Jovita a quen podedes ver cun deseño de Elena Ferro en coiro berenxena, pelo verde e cordóns rosa. A última foto da nosa antiga tenda na Praza de Fuenterrabia. Grazas Jovita e apertas.

Imagen