Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “calzado tradicional galego

Pico e pala

A este ritmo, teremos que empezar a tirar tabiques.

zocos-ela diz


Quenda de mañá no Cineuropa

Ás mañás aproveitamos que non hai ninguén na cola do Cineuropa.

CineEuropa-taquilla-zocos-eferro CineEuropa-taquilla-zocos-eferro1


Podíamos facer unha quedada

Despois do Nadal, cada vez somos máis!
Deberiamos de organizar unha quedada, por exemplo na Praza de  Pratarías. Sería unha boa foto!
Que me decides, animádevos cos vosos Eferro?

Image

Image

Image

Image

Image


#Nadalamos

Queres sorprender e ser orixinal?

Regala zocos. Un produto feito a man, co agarimo e bo facer da familia FerroImage

Image

Image

Image

Image


Unha familia cos pés na terra.

Primeiro foi a nai, Ana,

Imagen

despois o pai Juan Carlos e finalmente Ignacio, o máis atrevido de todos:-)

Imagen

Rematamos ca foto dos homes da familia, de paseo por Ourense! Moitas grazas familia 🙂 bicos!

Imagen


Xa teñen dono

Ti decides a textura e a cor, a familia Eferro ponse ao choio.

zocos-eferro 3

Proximamente coñeceredes aos afortunad@s

zocos-eferro 4


Postal en formato foto

Rita envíanos esta foto desde Valencia. A pesar de encargar os seus zocos no verán, a calor do Mediterráneo non lle deixaron estrealos até hai uns días.
Un bico familia, grazas pola foto e seguimos en contacto!

Imagen


Ampliando a familia

O efecto zoqueiro continúa e aos poucos imos ampliando a familia.
Imagen

Con cores  e materiais que podes elixir o teu gusto

Imagen

E é que a familia Ferro , adáptase aos teus gustos.

Imagen

Todos estes pasearán por Compostela

laura oganda-ela diz

Artesanía Galega para ela e para el.

zocos-eferro-josé


Para as valentes

Zoqueando con Elena Ferro.

Imagen

Hoxe móstrovos os zocos feitos por encargo para as mozas máis atrevidas dos últimos tempos.
Algúns quedan pola zona e outros viaxan lonxe moi lonxe!

Imagen


De Compostela ao mundo

Desde o primeiro día tivemos claro que os zocos de Elena Ferro tiñan que estar en Ela Diz.

Por orixinais, por ser un traballo artesanal, por ser un produto da terra e porque nos gustaron nada máis velos.

Imagen

Recordo como asaltei pola rúa a unha moza que os levaba postos, ja ja ja disto fai case tres anos.

Imagen

E desde entón até hoxe encantados cos zocos e  ca familia Ferro.

Imagen

Tras estes días de descanso móstrovos algunha das afortunadas que lucirán os seus zocos polo mundo adiante:  por suposto partindo de Galicia e chegando a México, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Inglaterra, Francia…e un longo etcétera.

Imagen

Coiro ou pelo

Imagen

De inverno ou de verán

Imagen

Escolle a cor e o material e personaliza os teus zocos. 

Imagen

Un saúdo a todas e a gozar da Artesanía Galega.

zocos-eferro-m


Surrealismo Zoqueiro

¿Que vos parece a foto que me enviou María cos seus Eferro por Madrid ? Eu pensei que era na exposicion de Dalí, pero María corrixiume e díxome que era  na Casa Encendida
Bicos para ti e para o artísta-mensaxero!

Imagen


Zocomanía

Zoqueando by Elena FerroImagenXa sexan de pelo, ou coiro, descalzos para os días asollados, ou pechados para as  máis seguras.

Imagen

O caso e calzar e facelo con Zocos Galegos. Estes modelos xa teñen nome, así que é un adianto para as máis ansiosas.

Imagen


Esta primavera pisamos forte!

Á vista da cantidade de zocos e á variedade de cores, está claro que esta primavera está feita para levar zocos de Elena Ferro. Moi pronto coñeceredes aos afortunad@s

Imagen


Novas propostas

Novas alternativas desde o noso escaparate.

Por unha banda vestido de Mónica Lavandera acompañado dun colar de Ana Miguens. Imagen

En cores máis vibrantes, vestido de Malahierba Atelier con colgante de Andrea Baragaño e chaquetón de Nice Things.

Imagen

Aos pés como é habitual, zocos de Elena Ferro acompañados de bolso de man de Anusca´s Family e  maletin de Nice Things. No alto do escaparate os bolsos mais cool da Artesanía Galega feitos polas Redeiras de Corme e Malpica!Imagen


Outra de zocos viaxeiros

María de Vilalba enviounos fotos despois de estrear os seus zocos, como sempre asinados por Elena Ferro. María moitas grazas por todo, espero poder coñecerche persoalmente cando te achegues por Compostela! Bicos

Imagen


Cris & Compañía

Os beneficios de ter unha mascota son innumerables, pero ademais podémoslle engadir unha nova! Cando es un pouco tímida non hai como pousar co Rei ou a Raíña da casa.
Isto é o que fixo Cris, que me enviou esta foto desde Oviedo cos seus zocos en coiro verde de Elena Ferro. Grazas Cris e apertas a tod@s!

Imagen


Coiros, rasos e tintes

As mozas de Lugo poderían ir vivir ao famoso pobo Malagueño de Júzcar. Lembrádelo, verdade?  aquel pobo que se pintou todo de azul para a estrea dos Pitufos.
O derradeiro encargo de zocos foi nesa cor e a zoqueira Elena Ferro, púxose ao choio  como podedes apreciar a continuación.

ImagenImagen


A febre do zoco continúa

Na imaxe podedes ver a Valle, cos seus, unha combinación de berenxena e verde en coiro. Como sempre a felicidade de probalos  é un acto  inmediato! Bicos Valle.

Imagen


María Rapaza Ela Diz

Os zocos de Elena Ferro teñen efectos beneficiosos sobre a saúde!
Na imaxe podedes ver a María cos seus zocos de pelo cor berenxena cun sorriso e acto seguido case bailando de felicidade. Bicos María e grazas por todo!

Imagen

Imagen


E ti, de quen ves sendo?

A poucas horas para a Noite de Reis  e O Apalpador que nos acompañou todas as festas este foi o resultado.

Reis 1

Zocos… para todos os gustos!

Reis