Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “calzado galego

DesOrdenada

Alguén dispoñible para botar unha man?

Guardar


Nas alturas e de negro

Inauguramos o mes de maio arriscando. Sobre 12 cm de bidueiro, con estes pantalóns tan chulos e toda de negro!

pantalón-ioanna kourbela

pantalón-ioanna kourbela-frente


Punk!

Nos anos 70 as tachuelas eran pezas claves na estética punk. Na actualidade visten as pezas máis exclusivas de moitos deseñadores e por que non duns Eferro´s!

zocos-eferro-punk3 zocos-eferro-punk zocos-eferro-punk2


Fado das tamanquiñhas

fados e zocos

Zocos Eferro Fado do Cigarro de Sergio Alneida.

 

De cantigas e saudades
 Vive esta linda Lisboa!
Faz loucuras e maldades,
Mas, no fundo, pura e boa
Nas suas leviandades!

Burguesinha no Chiado
No seu pátio, costureira,
Nos retiros, canta o fado,
No mercado é regateira
E o Tejo é seu namorado.

Faz das cantigas pregões,
Gosta do sol e da lua,
Vai com fé nas procissões,
Doida nas marchas da rua,
Tem ciúmes e paixões.

Viva esta linda Lisboa
Diferente de outras cidades.
É vaidoso o Madragoa,
Defeitos e qualidades,
Tudo tem esta Lisboa.

 Amália Rodrigues «Fado das Tamanquinhas»

 

 

 


Eferro´s

Porque si, porque nos gustan, porque sentimos orgullo do seu traballo, porque non se pode ser mais moderna, porque respeta as tradicións, porque son da terra… cada día mais Eferro´s na Rúa Nova.

zocos-eferro-santiago de compostela1

zocos-eferro-santiago de compostela

zocos-eferro-santiago de compostela 2

 

 

 


O Patriarca

O patriarca dos Ferro, felicítanos o ano cos seus zocos! Mirade ben porque algún deses xa están de camiño ás vosas casas!

Image


Inspiración Gaucha

De clara inspiración gaucha, María Roch proponnos estes pantalóns  que Bea combina con xersei laranxa de Nice Things.

pantalón María Roch, top Nice Things- Bea

E como Bea de gaucha ten pouco, preferiu  unhas sandalias de Eferro, para engadir un toque da terra con un producto de Artesanía de Galicia.

pantaón-maría roch & jersey Nice Things


Ampliando a familia

O efecto zoqueiro continúa e aos poucos imos ampliando a familia.
Imagen

Con cores  e materiais que podes elixir o teu gusto

Imagen

E é que a familia Ferro , adáptase aos teus gustos.

Imagen

Todos estes pasearán por Compostela

laura oganda-ela diz

Artesanía Galega para ela e para el.

zocos-eferro-josé


As mesturas sempre foron boas!

Que poden ter en común unha Matemática, a Libraría  feminista  Lila de Lilith, un  bo fotógrafo e  Ela Diz ?
Déixovos unha imaxe como anticipo, pero non deixedes de pasarvos polo blog de José Paz para  descubrir o seu traballo e por suposto saber máis desa Matemática!!

Imagen


Ao carallo ca lista Pantone!

Hai uns día a nosa meteoróloga preferida, Beatriz Hervella e cofundadora da empresa 4 gotas atmósfera & océano que está a piques de iniciar a súa andaina, serviunos de inspiración, explícovos.

Pantone sacou a lista das cores mais fashion para a próxima primavera e entón pensamos. Pero que carallo saberán os de Pantone en canto a tendencia de cores respecto dos zocos.

Sen dúbida, a tendencia son o berenjena e o verde…e  proximamente porémoslles cara!

Imagen


Mª Carmen Rapaza Ela Diz

Os zocos e as súas lembranzas…
Ter os zocos de Eferro fixeron posible que coñeza de preto as historias de familias, de recordos da infancia, de ilusións como no caso de Mª Carmen á que vedes na imaxe cos seus zocos de motas coa que puiden compartir unha infinidade de historias da vida de Galicia de fai xa uns cuantos anos. Apertas e grazas parella!

zocos-eferro-Mª Carmen