Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “Bs Artesania

Mercadillo Santiaguide

Levamos  varios días  escoitando comentarios  sobre  a apertura  da nova  tenda de Amancio en New York, moitos metros cadrados, na 5º Avenida, no número 666,  todo moi branco, moi bonito…. pero quédanos un pouco lonxe, non?
E o Mercadillo Santiaguide, decatástesvos ?

Pois para os que vivimos neste lado do Atlántico é unha cita ineludible.  Celebrarase o 23, 24 e 25 de marzo, no  Gato Cosmico,  onde poderedes atopar unha chea de gangas de calquera das tendas que formamos Santiaguide.
Por se isto fose pouco, aqueles que veñades o domingo teredes o pracer de escoitar a Dj Fran Reixa, que animará toda a xornada.
Esperámosvos!