Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “boutiques uniques dans le quartier historique de Saint-Jacques-de-Compostelle

Irmás compenetradas

Que a túa irmá viva noutra cidade, permíteche quedar co mesmo modelo. Vestido de flocos con escote nas costas de Mónica Cordera.

vestidos-mónica cordera-Xiana, Carlota vestidos-mónica cordera-Xiana, Carlota1 vestidos-mónica cordera-Xiana, Carlota2

Bicos 🙂


Os dourados anos 20

Nos anos 20 a moda feminina cambiou por completo, grazas á liberalización da muller. A muller daquela época, buscaba a igualdade co home. Empezouse a levar o pelo ao garçon, vestidos soltos e os chapeus cloché.
E como na moda todo volve, aquí temos unha versión actual de la con incrustacións de pedras na parte dianteira.

goroo-mbt-María


Ollos de gata

Axustado á cadeira, con manga morcego, con cadrados en verde erosa para a moza cos ollos de gata. Bicos

vestido-nathalie vleeschouwer a

vestido-nathalie vleeschouwer det


Fumes ou non fumes

Ainda que deixaras o vicio dos pitillos. ¡Os mistos de Ingela P. Arrhenius molan moito!

cerillas Ingela P Arrhenius-Lucas


Gris antracita

Outra que non pasará frío este inverno. E se chove, carapucha e a pasear.

abrigo-urbahia-1 abrigpo-urbahia-


Luns slow

Os luns por prescrición médica deben de tomarse con calma. E precisamente con calma, escollendo cada tea, probando miles de combinacións, con paixón e moito amor é como traballa a nosa querida Ana.

bolsos-anuscas family-det

bolsos-anuscas family

Aquí tedes o  resultado final. Bolsos e mochilas recicladas da sevillana Anuscas Family. Un bico desde Compostela Ana, e non traballes os venres 🙂

mochilas-anuscas family2

mochilas-anuscas family

mochilas-anuscas family1


Podería ser herdado

Podería ser un abrigo herdado do teu irmán, do teu pai ou do teu mozo.  Pero este é un dos deseños para este outono inverno 2014. Ou si preferides, o  que agora se chama boyfrend coat.

abrigo-nice things-Nilanthi

Abrigo de la, corte masculino en branco e negro.

abrigo-nice things-Nilanth1


Misturando co preto

Alexandra soluciona o monocromatismo tan habitual nesta estación cunha mistura de negro, gris, azul klein e laranxa eléctrico. Lembrade, pezas realizadas a man no meu querido Portugal.

top-pé de chumbo


Cine, Gastronomía e Moda

En Compostela tedes moitas opcións estes días:  CineEuropa, Santiago(e)Tapas. Abrigádevos e pasade un bo fin de semana.

abrigo-azabala-Mariane abrigo-azabala


A tentación chamase Compostela

Estas son algunhas das persoas que non puideron resistir á tentación. Algunhas, veciñas da Rúa das Hortas, outras namoradas de Compostela desde hai moitos anos.

foto-santiago de compostela

foto-santiago de compostela-1

Fotografía de Jacobo Remuñán. Tres series limitadas, numeradas e asinadas dispoñibles en  diferentes formatos.


#Inspiración outoñal

Hoxe misturamos  un dos bolsos de Montse Rego, a artista multidisciplinar viveirense, xunto a uns zapatos oxford co seu  correspondente paraugas.

bodegón


Chuviscada, chuvieira ou treboada

Empezar a mañá cunha chuvieira non é o plan perfecto, sobre todo se as previsións meteorolóxicas anuncian máis do mesmo para os próximos días.
Se non che importa carrexar co paraugas todo o día, propómosche varias opcións.

paraguas

paraguas3

Automáticos, de 8 ou 16 varillas, lisos, estampados e mesmo transparentes para ver quen vén de fronte.

Toda unha arte saber levar un paraugas e senón atravesade a Praza do Obradoiro e veredes 🙂

paraguas2

paraguas1


Outro éxito de AZabala

Este outono AZabala volveu a sorprendernos.  É habitual nas suás colecciónns atopar monos, pero este está a traspasar fronteiras.

mono-azabala-Eva


Desvergonzadas

Aproveitamos a mensaxe da camiseta de Marcela para dicirvos a todas que sodes unhas desvergonzadas. Desvergonzadas pero felices do mesmo xeito que Maruxa e Coralia.

collar As Marías-Marcela

broche-As Marías-Ana Miguens


kilometros de fíos

Hoxe tampoco pasaremos frío ca blazer de Pé de Chumbo. Metros e tal vez kilometros de fíos negros, brancos e laranxas.

chaqueta-pé de chumbo1 - copia

chaqueta-pé de chumbo a


A rapaza mais agradecida

Acompáñanos desde o inicio. Primeiro na Praza Fuenterrabia e agora na Rúa Nova.
Faga frío ou calor ela sempre está disposta. Hoxe con chapeu anos 20

sombrero añps 20

Escultura en madeirade P.Calvelo

 


Deseño e sostenibilidade

Por aclamación popular Anuscas Family de novo en Compostela.
Os existos de sempre e  novidades que misturan reciclaxe e coiro.

bolso reciclado-anuscas family mochila reciclada-anuscas family

«Cada peza é o resultado de recuperar e fusionar elementos cun pasado propio, creando bolsos e complementos singulares e irrepetibles»
Moda Slow

mochilaXL-anuscas familymochila-anuscas family


Paralelogramos moi British

Hoxe falamos de xeometría, de paralelogramos ou de estilo British.

chaqueta-noa noa

falda-mónica lavandera vestido-nathalie vleeschouwer

 

chaqueta-nice things

vestidos-nathalie vleeschouwer abrigo-mónica lavandera


Os Ourensáns teñennos tolas

Xa o di o título de hoxe: os Ourensáns róubannos o sentido.

collar-ladrón de arte-cuchi

Na imaxe podedes ver unha peza da súa colección de xoias.  Ainda que temén nos  tentan con roupa Ladrón de Arte.


Pequenos agasallos para non tan pequenos

Decorar o teu recuncho favorito é máis doado coas matrioskas de Ingela P. Arrhenius.

Podedes ver mais deseños dela aquí.

matrioskas-animalls-Jesús

matrioskas-animals-Fang


Deseños para os dous

Desde Brasil Renan Serrano proponnos unha mesma colección para home e muller.
Neste caso Lola con vestido con serigrafía en gris, negro e branco.

Esperamos con ganas a algún rapaz que se anime a levalo como camiseta: voluntarios?

vestido-trendt-Lola - copia vestido-trendt-Lola1 - copia

vestido-trendt-Lola2 - copiavestido-trendt-Lola3


Indispensable para o inverno

Estabamos a esperar as inclemencias do tempo, para ensinarvos unha das novidades en Ela Diz.

urbahia2

Desde Paris, abrigos con tecidos técnicos, resistentes á auga e ao vento e que podes lavar na lavadora.

urbahia

Pezas pensadas para un dobre uso. Por unha banda, para o día a día na cidade, para iso conta con un bo deseño e por outra para aquelas que practican deportes de inverno ou que non se separan da súa bici.

urbahia3

Abrigos versátiles, con petos interiores e exteriores por se pasas de levar o bolso.

urbahia4


A madurez da elegancia

Encántanos recibir visitas como a de Catherine. Mulleres que en plena madurez, saben o que queren. Porque o de cumprir anos, nos fai  se cabe,  máis interesantes.

vestido marea baja


Outono de contrastes

Pé de Chumbo proponnos para este outono dous xerseis de contrastes. Un de pescozo medio con petos en negro, laranxa e azul e outro con escote en V en vermello e negro.

jersey-pé de chumbo-c alto

jersey-pé de chumbo