Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “boutiques originales dans le quartier historique de Saint-Jacques-de-Compostelle

Boh*

De novo desde Vedra, Isa Albela reflexiona e crea a través das súas serigrafías un berro de guerra no que reflicte a idiosincrasia galega.

boh- o que adiante non mira...

boh- atrás se queda

Esta primavera ademais de “Mala herba nunca morre” e “Paso a pasiño faise ou camiño” poderemos colgar do noso ombreiro “O que adiante non mira atrás se queda” e ” A alegría contándoa medra”

boh

Un traballo artesanal, cun bonito packaging que reflicte un estado de ánimo. Tedes os catro modelos disponible tamén na tenda online, aquí.

boh- a alegría contándoa medra


Os brillos non son só para as noites

De algodón e viscosa, tanto a saia como o serxei adoptan unha apariencia diferente grazas a prata.

azabala-pullover azabala-skirt&pullover


Guerrilleira

Estes pendentes, son unha declaración de intencións. Unha combinación de prata e buxo. Unha fouce e un martelo.

pendentes foz e martelo-isabel risco

pendentes-foz e martelo-isabel risco


Longo luns

Cunha sandalia plana podémoslle dar un dobre uso a un vestido longo.

elisa cortés-ioanna kourbela-Inma3 elisa cortés-ioanna kourbela-inma elisa cortes-ioanna kourbela-inma2

En negro, vestido con lazada nas costas de Elisa Cortés xunto con chaqueta multi posición de Ioanna Kourbela.


Batik con opciós

A pesar de que o frío destes días non é o mellor aliado para un vestido sen mangas. Empezamos a semana con este vestido batik que poderás pór de dous xeitos. Escote drapeado nas costas ou no peito.

vestido-marea baja-B vestido-marea baja-A


Kimono versionado

Esta chaqueta tipo kimono de mangas amplas e tecido suntuoso, pode ser unha peza crave. Con esa aparencia premeditadamente despreocupada que as caracteriza, nos apostamos por esta de AZabala.

blazer-AZabala 2

blazer-AZabala


Dípteros bordados

Non hai que ir moi lonxe para descubrir a Ladrón de Arte. Desde Ourense, vestido bordado en ouro. Porque as rebaixas aínda dan para moito.

vestido-ladrón de arte